Pincha para ver o listado dos gañadores definitivos deste certame
Actualización 14/03/2016. Os Premios María Casares 2016 serán dirixidos e presentados pola Compañía de Teatro Chévere.
A XX edición presentará un espectáculo musical de gran formato cun elenco de músicos, actrices e actores, sobre o escenario se destacará aqueles factores positivos que fan grande o teatro galego. Xesús Ron dirixirá a Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Borja Fernández, Marcos Ptt e Cris Iglesias, nun formato de complexidade que busca, segundo as propias palabras do director. “reivindicar a fortaleza do talento”. A música, creada especificamente para a ocasión, correrá a cargo de Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz.
O Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Vicente Mohedano, destacou que Chévere é unha das compañías “con maior traxectoria e que máis pegada deixou no noso sistema cultural”. e subliña a capacidade para “reinventarse constantemente”. A gala, organizada pola AAAG, conta co patrocinio de institucións como a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputación da Coruña e o Concello da Coruña. E será retransmitida pola TVG.
Os distinguidos coa nominación María Casares de Teatro
11 /03/2016. As xentes do teatro prepáranse para o seu gran acontecemento do ano, a festa do Teatro. A celebración dos Premios María Casares que cumpliu a súa maioría de idade.
O Teatro en Galicia conta cun nutrido grupo de profesionais; actores e actrices que se poñen fronte aos espectadores e dan o mellor de se mesmos en cada función. Pero nun espectáculo, detrás, hai un gran número de traballadores técnicos e artísticos que son parte imprescindible para que o espectáculo continúe: directoras-es, guionistas, produtoras-es, deseñadores, equipos de son e imaxe, carpinteiros, modistas, xastres, perruqueiros-as, maquilladores e un longo etc. Eles son a xente do teatro; para uns forman parte do entretemento dun país e xeran riqueza como industria cultural. Para outros, son xente necesaria que contribúe a non esquecer, a pensar e a ser eco da conciencia colectiva. Mire por onde se mire, sempre necesarios.
O día 30 deste mes de marzo as mulleres e homes deste oficio vestiranse de gala para asistir o Teatro Rosalía de Castro, os nomeados sentarán nerviosos agardando escoitar o seu nome, entre aqueles que xa estaban seleccionados. Serán os nervios de quen está afeito a presentarse ante o público e someterse á crítica. Esta vez a decisión partirá dos seus propios compañeiros de profesión. A distinción destes Premios recompensa e enche de orgullo aos traballadores que viven a paixon das táboas.
Nesta primeira volta de nomeamento, este ano contou con participación dixital. A segunda volta será a definitiva, e acontecerá no teatro de A Coruña. Lembremos que estes premios naceron pola iniciativa, fai vinte anos, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).
Nomeamento das catorce categorías 2016
- O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico. 8 nominacións: espectáculo, dirección, actor protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, escenografía, iluminación e música orixinal.
- Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro.7 nominacións: espectáculo, actriz protagonista, actor secundario, adaptación-tradución, escenografía, iluminación e maquillaxe.
- Presidente, de Teatro do Morcego, 5 nominacións: espectáculo, dirección, actor secundario, actriz secundaria, texto orixinal.
4 Nomeamentos
- Xardín suspenso, do Centro Dramático Galego: actriz protagonista, escenografía, iluminación, música orixinal.
- Manawee, de Matrioshka Teatro:espectáculo infantil, actriz secundaria, maquillaxe, música orixinal.
3 Nomeamentos
- Noiteboa, de Redrum Teatro: dirección, actriz protagonista e texto orixinal.
- Panamericana, da Panadería: actriz secundaria, texto orixinal e vestiario
2 Nomeamentos.
- Calypso de Voadora: maquillaxe e vestiario
- Unha poucas picadelas, de Teatro de Ningures: actor protagonista e adaptación-tradución
- Furancho de Ibuprofeno Teatro: texto orixinal e vestiario
1 Nomeamentos.
- Jim e illa do tesouro: Espectáculo infantil
- O Crédito: actor protagonista
- Feo! : espectáculo infantil
- 30 e tanto ósos : Texto orixinal
<<<<<<<Consulta neste anexo todos os nomeados nesta XX edición dos María Casares
[wzslider]
<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<<Artigos relacionados:
https://www.ruasmagazine.es/os-premios-maria-casares-2015-tenen-nome
https://www.ruasmagazine.es/premios-maria-casares-2015-o-teatro-galego-premia-o-bo-facer
https://www.ruasmagazine.es/fotos-premios-de-teatro-maria-casares-2014
https://www.ruasmagazine.es/xviii-premios-maria-casares
https://www.ruasmagazine.es/xviii-gala-dos-maria-casares