Galicia cumpre a cita cos María Casares

2011_xancejudo_tamaradelafuente
Fotos doutras edicións

Hoxe terá lugar a celebración dos Premios de Teatro que queren premiar a creatividade, a imaxinación e o esforzo duns profesionais que o teñen que dar todo enriba das táboas en cada función, en troques a esa recompensa esperada dos aplausos que en cada unha das actuacións lles brinda o público. Os Premios María Casares, veñen a ser o recoñecemento dos Picocompañeiros de oficio, e polo tanto, será de grande estima para quen o recibe e para quen o concede.

 

 

O Premio de Honra Marisa Soto outorgarase a título póstumo a Xosé Manuel Olveira «Pico».
Dende 1997 a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) puxo en marcha a iniciativa de crear estes galardóns que na actualidade contan con arraigamento na escena teatral galega.

Nesta XVIII edición a proposta creativa para a posta en escena xorde da compañía Ibuprofeno Teatro. Unha idea representada por Isabel Risco e Marián Bañobre baixo a dirección de Santiago Cortegoso. A banda Radio Cos de Xurxo Fernandes e Quique Peón marcarán as notas musicais do acontecemento nun marco escenográfico deseñado por Suso Montero, mentras que o Centro Dramático Galego construíu o decorado. O Manifesto do Día do Teatro será lido por Camilo Franco.

Hoxe a partir das 20.30 h. poderémos descubrir quenes son gañadores definitivos dos once espectáculos finalistas nesas trece categorías cos que contan os premios. Unha festa que vai ser retransmitida pola TVG ás 20.45 horas.
Eurozone, con 12 nominaciones; O home almofada, con seis; Bye Bye honey e As do Peixe, con cinco; son as montaxes con maior número de candidaturasWaltz aspirará a catro premios, mentres que A Charca inútil competirá por tres. C‘est la vie, Criaturas, BailadELAS, Gaivotas subterráneas e As mil vidas de Matías Houseman contan cun único nomeamento.              

Eurozoneas do peixeGaivotas subterráneasJosito Porto

* Informacións dos finalistas

Evaristo_Calvo. Foto:Corsino
Fotos doutras edicións
Fotos doutras edicións
Fotos doutras edicións

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.