
A gala ideada e conducida pola Compañía Elefante Elegante, cuns eixes de espectáculo aberto cara a unha viaxe á multiculturalidade baixo un “ceo de mil bombillas” co acompañamento musical do grupo Kibitka, estableceu o marco para facer público os nomes dos profesionais que este año acadaron o recoñecemento destes galardons 2015.
María Torres e Gonçalo Guerreiro, de Elefante Elegante, codixiron a gala desta edición na que Vicente Montoto recibiu o premio de Honra Marisa Soto e o escritor Xurxo Borrazás leu o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

GAÑADORES DOS PREMIOS MARÍA CASARES 2015
A obra ‘Perplexo’, de IlMaquinario Teatro acadou cinco galardóns, incluíndo mellor dirección e espectáculo. ‘Ultranoite no país dos ananos’, de Chévere, sumou tres galardóns á longa lista de premios destes últimos anos. A casa do avó, de Tanxarina, leva o premio ao mellor espectáculo infantil.

- Lista de todos os premiados nas diferentes categorías.
PREMIO ESPECTÁCULO COMPAÑÍA
- MELLOR MAQUILLAXE
Raquel Fidalgo ‘Pequenas certezas’ Sarabela Teatro
- MELLOR VESTIARIO
Yaiza Pinillos ‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro
- MELLOR ILUMINACIÓN
Tiso Asorey e Germán Gundín ‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro
- MELLOR MÚSICA ORIXINAL
Xacobe Martínez Antelo ‘Ultranoite no país dos ananos’ Chévere
- MELLOR ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN
Catuxa Pato e Tito Asorey ‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro
- MELLOR TEXTO ORIXINAL
Manuel Cortés ‘Ultranoite no país dos ananos’ Chévere
- MELLOR ESCENOGRAFÍA
Carolo Losada Soto ‘Kassa’ Elefante Elegante
- MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA
Areta Bolado ‘PAN! PAN!’ A Panadaría
- MELLOR ACTOR SECUNDARIO
César Goldi ‘Ultranoite no país dos ananos’ Chévere
- MELLOR ACTRIZ PROTAGONISTA
Elina Luaces ‘Meu ben’ Eme2 Producións
- MELLOR ACTOR PROTAGONISTA
Machi Salgado ‘O Feo’ CatroCadeiras
- MELLOR DIRECCIÓN
Tito Asorey Perplexo ilMaquinario Teatro
- MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL
‘A CASA DO AVÓ’ Tanaxarina
- MELLOR ESPECTÁCULO
‘Perplexo’ ilMaquinario Teatro
*Pincha aquí se queres ver tódolos nomeados a estes premios nesta edición 2015.