- Un ano máis presenta os nomeados aos Premios María Casares
O 26 de marzo entréganse na Coruña os Premios de Teatro María Casares que xa van pola XIX edición. Os galardóns que foron creados en 1997, veñen un ano máis a premiar a creatividade, talento e bo facer na escena galega durante o ano 2014. A novidade este ano é a ampliación a unha categoría máis das xa existentes. Ás tradicionais catorce categorías e mailo Premio de Honra Marisa Soto, se lle suma a categoría do Mellor Espectáculo Infantil.
Estes recoñecementos apreciados pola xente da profesión serven de elemento motivador para estimular a un sector cultural no que traballan centos de persoas, non só actores e actrices, senon, un conxunto de diferentes profesionais que reunen esforzo e talento para conseguir un espectáculo en cada función. Persoas que non vemos, e que fan posible o resultado que apreciamos dende as nosas butacas do teatro. Son aqueles ausentes presentes que ocupanse da carpintería, decoración, luces, son, perruqueiros ou xastrería…etc.
Os María Casares 2015 terán lugar no Teatro Rosalía de Castro da cidade herculina, e servirá de escenario para o encontro entre compañeiros de oficio que nesta ocasión deberán xulgar na súa xusta medida o traballo realizado no sector. Hai que lembrar que a data escollida para a celebración non é casual, o venres 27 se conmemora o Día Mundial do Teatro.
A entidade organizadora do evento, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), confioulle, desta volta, a dirección artística e a condución da entrega de galardóns á compañía de orixen galaico portuguesa Elefante, Elegante (2007), coodirixida por María Torres e Gonçalo Guerreiro, especializada en crear espectáculos de teatro do movemento, proporán unha gala na que a ambientación xirará ao redor das viaxes “a itinerancia como modo de vida, a emigración ou a multiculturalidade.” según as propias palabras da actriz. O acto contará coa música en directo de Kibitka; formación multiinstrumental que nutre o seu repertorio con sons de Armenia, Bielorrusia, Moldavia, Rusia ou Galicia.
Actualización 12/03/15
O Premio de Honra Marisa Soto élle concedido, nesta décimo novena edición, a Vicente Montoto. Deste xeito, se lle recoñece a súa traxectoria profesional como intérprete, director e autor teatral. Nas verbas do presidente AAAG, Avelino González: “Montoto é un pioneiro, forma parte dunha xeración que apostou dende o principio por facer un teatro do noso, feito en galego e profesionalizado”