A noite dos María Casares tivo lugar onte no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Unha noite de humor e retranca na que os do Chévere invitaban a participar. Sobre as táboas uns intérpretes actorais e musicais que non deixaron lugar a dúbidas que Galicia ten talento dabondo. As actrices e actores: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias, mantiveron un escenario activo e vivo. Os cinco músicos que acompañaron a cerimonia: Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz, devolveron o son dun xeito natural e tamén de xenerosidade colaborativa nun escenario deseñado por Suso Montero. Por outra banda, a xornalista Montse Dopico encargouse da lectura do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro e o Premio de Honra Marisa Soto este ano otorgouse á Revista Galega de Teatro.
O Grupo Chévere dirixido por Xesús Ron, ofreceu un espectáculo dinámico e divertido, e non esqueceu indicar o imprescindible sentido crítico que o sector debe manter para considerarse e ser considerado polo gran público. O uso da ironía e retranca como elementos singulares da nosa cultura sirveulle a Chévere para sinalar algúns dos puntos débiles que todo intérprete ten que contemplar no ámbito profesional para podelo solventar.
A peza teatral O Principio de Arquímides, da compañía Teatro do Atlántico, acadou 5 dos 14 premios que concede o certamen que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), e que xa vai pola vixésima edición.

Foto: @corsino.

A Noite dos María Casares, unha noite de humor e retranca que os do Chévere invitaban á participación activa. Sobre as táboas: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Marcos Ptt, Manuel Cortés, Borja Fernández e Cristina Iglesias) e cinco músicos (Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián, Xosé Miguélez e Javi GDJazz).

[wzslider]
Artigos relacionados XX Edición