XX Premios Mestre Mateo en nova versión ExpoCoruña

MESTRE MATEO 2022

As Producións que máis soaron na Gala Mestre Mateo 2022: Hierro 6 distincións, Jacinto 4 Mestres Mateo, Tres 3 galardóns, Malencolía 2 Premios, DígochoEu 2 Mestres Mateo

O sábado 19, na Coruña, tivo lugar a Gala Premios Mestre Mateo, unha festa que celebra o traballo e traxectoria do Audiovisual galego. O evento que acontece na cidade herculina case que dende seu nacemento coa excepción do ano pasado por mor da pandemia, este ano viu acompañada de cambio e concepción no vixésimo cumpreanos.

Desta volta non se sentou aos asistentes nunhas cómodas butacas para seguir o acontecer da man da mestra ou metres de cerimonias como era habitual. Este ano, a organización distribuíu aos asistentes en torno mesas de 6 u 8 comensais para degustar unha copa de viño e algunha vianda na primeira parte da gala. Nun entorno máis preto do escenario os convidados tiñan as mestras de cerimonia (Lucía Veiga, Iolanda Muiños e Javier Veiga)  nun papel máis coloquial.

O enorme espazo do recinto de ExpoCoruña nas aforas da cidade, non só se entende dende o punto de vista que aínda  estamos de pandemia, senón que se visualiza a idea de probar outros xeitos nesta celebración que xa ten maioría de idade. E parece que foi un ensaio para perfeccionar e organizar para vindeiras ocasións.

Panorámica. Foto. Rúas magazine

A Festa dos premios Mestre Mateo 2022 pensou nunha comunicación non xornalística da xuntanza anual do sector, senón enfocada ás redes sociais no senso de recoller material gráfico e por conseguinte na divulgación do mesmo nesa dirección. Neste senso, espero e desexo que a dirección deteña a mirada neste aspecto en favor da cultura: tanto da forma como no fondo; como ben dicía Marcos Nine na recollida do premio ao Mellor Documental: A Virxe Roxa.   

Unha XX edición con persoeiros destacados entre os que se atopaban, Yolanda Díaz Pérez, Vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social. O Conselleiro de Cultura Román Rodríguez. Ademais doutras autoridades. 

O  discurso do presidente da academia, Álvaro Pérez Becerra, animou aos traballadores do sector audiovisual galego a que se sumen para formar parte da Academia,  e tivo lembranza e recoñecemento para outros presidentes da Academia como Ernesto Chao. Por outra banda, é de mención o emocionado aplauso cando Pedro Brandariz saiu galardoado á  Mellor Interpretación Masculina Protagonista  en  Jacinto. Pois o actor faleceu recientemente. O Premio Fernando Rey da Academia, un premio a toda unha traxectoria, foi para Margarita Ledo Andión, catedrática da Facultade de Comunicación Audiovisual de Santiago de Compostela, cineasta, feminista, escritora galega e membra da Real Academia Galega.

Foto. Rúas Magazine. Margarita Ledo Andión

Palmarés dos Premios Mestre Mateo 2022

CATEGORÍAS DE PRODUCIÓN
Mellor Anuncio Publicitario: Redes Vivas | Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria
Mellor Curtametraxe: Augas Abisais | Rebordelos
Mellor Documental: A Virxe Roxa | Recrea Films
Mellor Longametraxe: Tres | Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films
Mellor Programa: #DígochoEu (Cap. 336-676) | CRTVG, S.A.
Mellor Serie de TV: Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) | Movistar e Portocabo en colaboración con Arte France e Atlantique Productions
Mellor Serie Web: Mataría Microserie (Cap. 41-49) | Dinamo Producións e Javi Sega Producciones
Mellor Videoclip: Figa (Tanxugueiras) | Trece Amarillo e PlayPlan

CATEGORÍAS PROFESIONAIS
Mellor Comunicador/a: Esther Estévez Casado | #DígochoEu, Apuntamento lusófono (Cap. 1-20)
Mellor Dirección: Jorge Coira | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Dirección de Arte: Samuel Lema | Jacinto
Mellor Dirección de Fotografía: Lucía C. Pan | ¿Qué hicimos mal?
Mellor Dirección de Produción Ana Míguez | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Guión: Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Lidia Fraga, Eligio R. Montero | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Interpretación Feminina de Reparto: Iolanda Muíños | Malencolía
Mellor Interpretación Feminina Protagonista: Marta Nieto | Tres
Mellor Interpretación Masculina de Reparto: Diego Anido | Malencolía
Mellor Interpretación Masculina Protagonista: Pedro Brandariz | Jacinto
Mellor Maquillaxe e Perruquería: Lorena Calvo | Jacinto
Mellor Montaxe: Jorge Coira Gaspar Broullón, Juan Galiñanes | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Música Orixinal: Elba Fernández, Xavi Font | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Realización: Jairo Iglesias | Origen (Cap. 1-4)
Mellor Son: Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech, Marc Orts | Tres
Mellor Vestiario: Lorena Calvo | Jacinto

PRODUCIÓNS MÁIS GALARDOADAS

HIERRO
Mellor Serie de TV: Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2) | Movistar e Portocabo en colaboración Con Arte France Y Atlantique Productions
Mellor Dirección: Jorge Coira | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Dirección de Produción Ana Míguez | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Guión: Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Lidia Fraga, Eligio R. Montero | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Montaxe: Jorge Coira, Gaspar Broullón, Juan Galiñanes | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)
Mellor Música Orixinal: Elba Fernández, Xavi Font | Hierro (Cap. 1-6 da tempada 2)

JACINTO
Mellor Dirección de Arte: Samuel Lema | Jacinto
Mellor Interpretación Masculina Protagonista: Pedro Brandariz | Jacinto
Mellor Maquillaxe e Perruquería: Lorena Calvo | Jacinto
Mellor Vestiario: Lorena Calvo | Jacinto
TRES
Mellor longametraxe: Tres | Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films
Mellor Interpretación Feminina Protagonista: Marta Nieto | Tres
Mellor Son: Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech, Marc Orts | Tres
MALENCOLÍA
Mellor Interpretación Feminina de Reparto: Iolanda Muíños | Malencolía
Mellor Interpretación Masculina de Reparto: Diego Anido | Malencolía
#DÍGOCHOEU
Mellor Programa: #DígochoEu (Cap. 336-676) | CRTVG, S.A.
Mellor Comunicador/a: Esther Estévez | #DígochoEu, Apuntamento lusófono (Cap. 1-20)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.