Hoxe, mércores 23, anúncianse manifestacións en diferentes puntos da xeografía galega polo encarecemento da vida. Diferentes entidades e organizacións acordaron convocar concentracións e manifestacións para facer un berro conxunto na protesta pola subida acelerada da vida. Unha cuestión que non sempre pode ser asumido no día a día de calquer familia ou empresa.
Organizacións galegas: os sindicatos CCOO e UGT de Galicia, a organizacións de traballadores autónomos UPTA e UATAE, A Confederacións de Asociación de Veciños (CEAV) e a Unión de Consumidores de Galicia (UGGAL) fan unha chamada para protestar polo incremento dos prezos de produtos e servizos básicos: eletricidade, gas, combustibles e a cesta da compra.
As concentracións e manifestacións desenvolveranse polos diferentes puntos indicados:
A Coruña. Manifestación con saída ás 19.00 horas desde a praza de Pontevedra ata o Obelisco.
Vigo. Manifestación con saída de Via Norte ás 19.30 horas ata o cruzamento da praza de Compostela con Colón.
Pontevedra. Manifestación con saída ás 19.30 desde o hospital Provincial ata a praza da Peregrina.
Ferrol. Concentración ás 19.30 na praza da Constitución.
Santiago. Concentración ás 19.30 na vella estación de autobuses (San Caetano)
Ourense. Concentración ás 19.30 na subdelación do goberno
Viveiro. Concentración ás 19.30 na praza do concello
Vilagarcía. Concentración ás 19.30 horas na praza de Galicia