Placa conmemorativa Ricardo Leirós Freire e outros maxistrados

Falece un dos maxistrados que ditou a primeira sentencia en galego

 

O 27 de marzo de 1985 ditouse a primeira setencia en galego.

A vila de Redondela foi o lugar dos litigantes daquel pleito que pasará á historia  por todo o que significou para a evolución do idioma galego no mundo xudicial

Os maxistrados da Audiencia Territorial da Coruña Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fidalgo ditaron a primeira sentenza en galego

 

Onte, día 18,  faleceu D. Ricardo Joaquín Leirós Freire, maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña, home importante en Galicia que pasará á historia polo compromiso co seu tempo e coa súa terra. Pois un conxunto de homes do ámbito xudicial consiguiron que se redactase a primeira sentenza  en galego. Esto significou para o idioma un avance de relevancia en canto o manexo e normalización no eido xudicial, acercando a xustiza ás xentes e rachando certas fronteiras psicolóxicas. Este mérito que levou a cabo D. Ricardo Joaquín Leirós Freire con outros maxistrados aconteceu un pulo a un idioma que moitos tiñan estigmatizado cunha concepción de uso vulgar e no ámbito rural. 

O 27 de marzo de 1985 ditouse a primeira setencia en galego. A vila de Redondela era o lugar dos litigantes daquel pleito que pasará á historia  por todo o que significou para a evolución do galego; non pola sentencia en se, senon polo idioma na que estaba redactada. Ditouse a primeira sentencia en galego polo empuxe duns profesionais concienciados que xa forman parte da  historia en Galicia. A idea parteu dun dos fundadores da Asociación de Funcionarios pola Normalización, Xosé González, daquela asesor do Concello de Redondela.

A pericia foi notoria para abrir a porta á normalización do idioma galego no ámbito xudicial. A primeira setenza en galego saiu perdedora, en contra, para ter man co poder reinante naquel intre. A primeira sentenza ditada en galego que gañou foi a dunha casa que tivo que ser declarada en ruinas para poder construir unha casa nova.  

Grazas a todos aqueles homes polo mérito conseguido, e que D. Ricardo Joaquín Leirós Freire, falecido onte, descanse en paz. O funeral celebrarase o día 21 na igrexa parroquial de Bouzas ás 19 horas.

Esta foi a placa no ano 2020 coa que se conmemora este acontecemento na nosa historia. 

 

About The Author

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *