SOS Sanidade Pública presentou a Iniciativa Lexislativa Popular no Parlamento Galego

SOS Sanidade Pública, integrado polas plataformas e organizacións sociais que agrupan a:  profesionais, pacientes, sindicatos e políticos; vén de presentar,  o xoves 22, no Parlamento de Galicia, unha Iniciativa lexislativa Popular (ILP). Un documento colaborativo e participativo que foi elaborado durante 6 meses coa axuda desinteresada de expertos e xuristas na tarefa común de poder sacar adiante o documento no interese de rescatar á Atención Primaria (AP) cara a un modelo integral, participativo e comunitario.

As pretensións salientables da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP)

Garantir a Atención Primaria a toda a poboación de xeito equitativo, eliminar as listas de espera, repoñer en medida o personal suficiente para facer frente ao servizo, mellorar as condicións laborais e de estabilidade nos centros de Atención Primaria. Unha batería de propostas coa intencionalidade de evitar o colapso, desmantelamento, e privatización nese piar fundamental da sociedade que é a Atención Primaria.Nas palabras do voceiro de SOS Sanidade Pública, Manuel Martin, despois de presentar a ILP: «Agora ábrese un período de espera (un mes máis ou menos) á resposta da Mesa do Parlamento e Xunta Electoral, tras o que as Plataformas comencemos a recoller firmas, informar e debater coa poboación, organizacións sociais e institucións representativas da poboación como concellos e deputacións. Este proceso durará tres meses (prorrogables se é necesario) e aínda que son necesarias 10.000 firmas para conseguir a súa tramitación parlamentaria, é necesario multiplicar esta cifra para demostrar o apoio social á ILP.»

Salvar as eivas na Atención Primaria

Sos Sanidade Pública recolle as eivas da sanidade, no referenta á Atención Primaria(AP), na procura de facer fronte ao deterioro e desmantelamento deste servizo fundamental que ata hai pouco considerouse fundamental en calquer barrio ou pobo para o coidado e atención ás persoas.

As políticas sanitarias en Galicia están a reducir e recortar o  persoal sanitario. De tal xeito, que hai falta de profesionais para atender á poboación. Por outra bandas, as condicións laborais dos traballadores sanitarios van dar en situacións de precariedade e inestabilidade.

A cidadanía está a perder os centros de atención primaria e nalgún dos que están en activo faltan profesionais. Unha situación que provoca a saturación das urxencias nos hospitais. Asemade, as chamadas telefónicas están a suplir o contacto có médica. E as liñas se saturan sen poder ofrecer o servizo ao paciente. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.