Revisión dos tempos nos semáforos de rúas principais en Santiago

O BNG reclama que o Goberno local en Compostela, proceda a revisar os tempos dos semáforos para a súa coordinación e facilitar o paso de persoas e vehículos, co obxectivo de mellorar a mobilidade e posibilitar o paseo das persoas con mobilidade reducida.

O semáforo da Senra máis próximo á praza de Galiza, ademais de estar descoordinado co tránsito de vehículos, ten moi poucos segundos para atravesar os 12 metros cos catro carrís de circulación e as persoas maiores, con mobilidade reducida, discapacidades sensoriais ou con crianzas non chegan a tempo á outra beirarrúa.

Outro exemplo, aínda máis problemático, é o do semáforo situado enfronte da residencia da Porta do Camiño, cun paso de peóns de 16 metros aproximadamente, que non ten tempo suficiente para o atravesar.

Desta forma, é necesaria unha revisión dos fluxos peonís e de vehículos para acomodar os ritmos nos cruzamentos e pasos de peóns, de cara a facer unha cidade máis amábel no ámbito da mobilidade.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.