En Santiago de Compostela a normativa urbana prohibe a Vivenda de uso Turístico no casco antigo
Noutras zonas da cidade pódese acceder a unha licencia VUT, aínda que se está facendo un estudo
En decembro o Consello de Ministros decretou novas normas en relación á Lei de Propiedade Horizontal que rixe as veciñanzas dun edificio; nela se expón que a existencia deste tipo de aloxamento nun edificio terá que contar con 3/5 partes da aprobación dos veciños
Con vistas aos vindeiros anos xacobeos poñemos a mirada na chamada economía colaborativa que chegou da man da crise económica e da revolución tecnolóxica. Un xeito de viaxar que abarata costos pero que se atopa descontrolado nestes intres e que cada día vai collendo máis forza sen ter moi claro as consecuencias que isto poida ter. Na procura de saber en que situación nos atopamos, e en que medida se están aplicando as novas regulacións dirixinme ao Concello. Cara á Praza do Obradoiro e cun feixe de preguntas tiven ocasión de reunirme con Marta Lois, concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Ademais de Terceira tenente de alcalde desta bela cidade Patrimonio da Humanidade.
O obxectivo era, como ben dixen, abordar o tema dos aloxamentos turísticos que se anuncian nas principais plataformas web como poden ser Airbnb, Windu etc., e a repercusión desta nova modalidade da chamada economía colaborativa, e de que xeito incide na economía e nas dinámicas da cidade. Pero antes temos que lembrar que:
Cada comunidade autónoma elaborou a súa norma en base as súas necesidades. En Galicia, DECRETO 12/2017, do 26 de xaneiro, establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia
Por outra banda, o Concello Compostelán encargou un informe no ano 2017 para ter unha idea aproximada da dimensión que estaba tendo esta modalidade de aloxamento. E foi moi esclarecedor; Os datos principais que se poden extraer do estudo de decembro de 2017 de Santigo de Compostela
- – Había 717 anuncios de vivendas ou habitacións de uso turístico que se ofertaban nos sitios web de aluguer turístico sen estar rexistradas como tal. Estes 717 anuncios sumaban unha oferta de 3.188 plazas irregulares.
- – Estas prazas sumadas ás rexistradas na Xunta de Galicia como vivendas de uso turístico facían un total de 4.325 prazas neste tipo de aloxamento, que representan un 53% de prazas adicionais sobre as 8.198 prazas regradas que suman os hoteis, pensións, apartamentos turísticos e aloxamentos de turismo rural que existían no noso municipio en 2017.
- – O impacto económico directo das vivendas de uso turístico non regradas sitúase preto dos 8,5 millóns de euros sen fiscalizar.
- – Existe unha concentración excesiva de oferta de aloxamento turístico na cidade histórica. Neste espazo vive o 12,6% da poboación do Concello, pero sen embargo, aquí se atopan arredor do 50% das vivendas de uso turístico que se oferta.
Novas medidas regulatorias das VUT na Propiedade Horizontal
As Vivendas de Uso Turístico (VUT) terán que contar co visto bo das 3/5 partes dos veciños. Así foi acordado no Consello de Ministros, neste decembro pasado, cun real decreto lei de medidas urxentes en materia de vivenda e aluguer, desta maneira se modifica a normativa para habilitar a posibilidade de que, por maioría simple cualificada, as tres quintas partes dos propietarios das comunidades de veciños poidan limitar ou condicionar a actividade do aluguer turístico, co fin de favorecer a convivencia do edificio. Ao tempo, os propietarios destas VUT terán que chegar a acordos cos gastos comúns que se produzan na comunidade.
Escoita en primeira persoa do que falamos:
*Posicionamento do concello en canto á Vivenda de Uso Turístico a día de hoxe.* Esta modalidade está a trastocar o conxunto do sector do turismo na nosa cidade. * O control deste fenómeno ten que encontrar a combinación da regulación da Xunta en materia turística, e a do Concello baseada na normativa urbanística. * Fala tamén a concelleira da competencia desleal que se produce con esta tipoloxía e os problemas derivados da eliminación de traballo no eido do turismo.
*Demanda da taxa turística. *Regulación e ordenación. *A inspección a quen lle corresponde?
Fontes: Europapress Concello de Santiago.Artigos relacionados, Artigos relacionados