O feminismo é un movemento cívico non vandálico

O feminismo é un movemento pola igualdade cun activismo de amplo perfil dentro dunha loita pacífica 

As pintadas na fachada da Catedral Compostelá denotan pouca sensibilidade polo patrimonio e pola cultura

A movilización feminista do 8 de marzo foi novamente un éxito de concurrencia demostrando o poder e a necesidade na loita das mulleres por un mundo máis xusto. Durante o pasado venres; tanto pola mañá como pola tarde, centos de miles de mulleres e tamén homes uníronse para reclamar un cambio social, que implique novas medidas políticas que sirvan de modelo para camiñar cara ao futuro. Na actualidade non pode seguir adiante unha estrutura que otorga privilexio a unha parte da sociedade descriminando á outra mitade de persoas.

Este 8 de marzo sacou á rúa o clamor de mulleres nesa loita pola igualdade dende unha actitude pacífica e consciente. Un activismo que cada día suma máis mulleres, pero tamén homes que ven a necesidade de mudar e prepararse para o cambio social que hoxe se nos nega. E este é o principal obxetivo “a igualdade” que en xustiza é legal e lexitimo.

Entendo que a magnitude deste movimiento lila poida asustar a aqueles que por ideoloxía e/ou privilexios se ven amenazados polo feminismo e non saben como facerlle frente por descoñecemento, de tal xeito adícanse a atacalo coa intencionalidade de desfacelo coa estratexia de divide e vencerás; unha técnica que xa empleaban os romanos no 338 a. C. …Mira se pasou tempo. Ou o que vén sendo o mesmo, os acusadores son aqueles na idea de que todo siga igual.

Foto do twitter do Concello de Santiago

Aqueles que sinalan ao feminismo de xeito implicito ou explicito como culpables das pintadas na fachada da Catedral suxerirlles unha reflexión…Un movemento feminista que leva esperando séculos, anos, para reivindicar uns dereitos ía a cometer precisamente agora vandalismo! é un tanto rocambolesco, non?

Nestes intres, cando é unha revolución en marcha, co recoñecemento nos medios de comunicación e dende as forzas políticas… Sería moi torpe atentar contra nós mesmas atentando contra a nosa cultura e o noso Patrimonio histórico.

Calquer feminista ou persoa con sentido común estaría molesta con aqueles que intentan implicar este movemento cos actos destrutivos e salvaxes que se teñen producido na fachada da Catedral Compostelá. Decirlles aos señaladores que non hai volta atrás; que é necesario mudar as estruturas sociais dun patriarcado cara a unha sociedade en igualdade. Ofrecer un mundo máis xusto onde a cuestión de sexo non sexa determinante na vida de niguén. Iso é todo. Só temen este movemento quen se pecha nas sombras da caverna. O feminismo loita pacificamente pola igualdade, non atenta contra os bens culturais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.