Sánchez Bugallo persegue un modelo de cidade viva para Santiago de Compostela

 

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, rexeita a invitación do alcalde de Teo, na proposta de fusión dos dous concellos

  «O apoio ao pequeno comercio nestes tempos é inevitable»

 En xullo farei pública a miña decisión de se me presento ás vindeiras eleccións municipais

Na mañá fría que estreaba este mes de abril, acudimos ao Pazo de Raxoi para ter o encontro acordado co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo. Unha entrevista, que forma parte da serie «Axustes do Século XXI», na intención de coñecer os puntos de vista dos alcaldes sobre as novas realidades sociais que acontecen e que perden visibilidade fronte ás novas que chegan no día a día: a guerra, a subida dos combustibles, dos suministros e a cesta da compra, etc.  De tal xeito, que como ben di Bugallo: «Golpea ás economías máis modestas». 

Sánchez Bugallo, sinalou que: «Hai moitas feridas psicolóxicas despois da pandemia, e agora ca guerra e a subida dos prezos dos combustibles,  volvese  a ver un escenario incerto». Asemade, manifestou que: «Os problemas levanse mellor se todas e todos tiramos a unha. Mirando todos cara a un obxetivo»

Aproveitamos a ocasión para ter respostas sobre aspectos políticos e xerais  de primeira man, e así tomarlle o pulso á cidade. Con referencia aos elevados  prezos da vivenda en Compostela, tanto no aluguer como na compra,  recoñece o alcalde  un gran problema, facendo fincapé na falta dunha política de vivenda protexida. Para Sánchez  Bugallo cómpre facer unha revisión; e indica que se está a pensar en recrear novamente a empresa municipal de vivenda e solo como instrumento de compra e urbanización.

Por outra banda, e con referencia ao gran número de establecementos pechados na cidade, Bugallo, fixo referencia aos permisos que o Concello habilitou para que os baixos, que antes só podían ser de uso comercial, agora puidan ser de uso vivenda.

O alcalde de Santiago respondeu tamén ao alcalde de Teo, Rafael Sisto, rexeitando a oferta de fusión dos dous concellos, mais valora traballar na veciñanza e atopar solucións en todo o que sexa o bo funcionamento dos  concellos da contorna.

Noutro momento da conversación, Sánchez Bugallo indicou que houbo un tempo en que compostela perdeu algunhas axudas por non chegar aos 100.000 habitantes. Sen embargo,  hoxe xa non é así. Aclarando que: «Foi grazas a Mariano Rajoy, pois no seu mandato eu pregunteille se non se podía cambiar o módulo do convenio de 100.000 a 75.000 persoas, e  convencinno para que fose así, e díxome que non había problema». Engadeu cun sorriso: «Nunca o dixera pero foi así».

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.