Rafa Sisto, non será candidato ao Concello de Teo no 2023

Rafael Sisto lanza a luva ao alcalde de Santiago de Compostela, Xóse Sánchez Bugallo, para falar de fusionar Teo e Santiago de Compostela

Sisto non se presentará ás vindeiras eleccións municipais de 2023

O Concello de Teo foi o escenario do encontro co alcalde Rafa Sisto. Nesta serie Axustes do Século XXI conversamos de algunhas cousas despois destes tempos inéditos que estamos aínda a vivir; manifestou o seu desexo de voltar ao ensino, para así rematar este longo espazo como político. Velaí que non se presentará ás eleccións de 2023 para o concello.  Hai que lembrar que estivo involucrado na xestión municipal dende o ano 2003; primeiro na oposición, despois como concelleiro, para máis tarde ter o bastón de mando ata o día de hoxe, e coa mirada en rematar esta lexislatura para iniciar un novo ciclo. Rafa Sisto falounos do acontecido nestes dous anos de pandemia, das vantaxas de ter un entorno rural con moitos espazos naturais. Expresou a súa esperanza nos fondos europeos para arranxar certas zonas, como a urbanización Os Tilos, xa que son modelos de urbanizacións merecedoras de ser coidadas polas caracteríscas propias do entorno.  Por outra banda, invitou a Xosé Sanchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela, a conversar sobre o futuro nunha fusión de concellos como algo vantaxoso para as dúas localidades como paso irremediable cara o futuro.

O encontro debuxa a mirada dun alcalde, Rafael Sisto Edreira, que rexe un concello cunha superficie de 79,30 Km2, e 18.778 habitantes; dos cales o 22% sitúase entre os 65 anos en diante. Rafael Sisto comparteu con nós as súas  reflexións e valoracións sobre a comunicación en tempos de revolución tecnolóxica, a incidencia da mesma cara á xente lonxeva, etc., 

 

 Axustes do Século XXI, Concello de Teo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.