A Xunta de goberno aprobou o venres pasado a rehabilitación do local da Praza de Salvador Parga para convertilo no futuro Centro Cívico da cidade histórica.
O proxecto terá un orzamento de 280.000 euros e se calcula que en outubro estará funcionando.
O espazo para rehabilitar está ubicado no número 4-5 da Praza Salvador Parga, que anteriormente albergou a biblioteca da cidade histórica. Este novo centro ofrecerá servicios socioculturais aos veciños do casco histórico e contará cunha recepción, oficinas, aseos, sala de lectura, aulas polivalentes e sala multiúsos. Ademais, na parte traseira, hai un xardín que se espera habilitar para disfrute do usuario e que se comunicará a través dunha rampa co Pazo de Amarante.