@ruasmagazin

Historias de resistencia feminina na ditadura franquista

As Marías xa están acompañadas por unha placa coa mención da súa historia

                           Porque a dor vistiuse de cor para salvar a batalla

                                    VII Ano lembrando a Maruxa e Coralia

Hoxe, 18 de xullo, tivo lugar na Alameda Compostelá unha homenaxe ás Marías.
Moitas caras coñecidas participaron deste 7º ano; fundamentamente mulleres que claman por unha realidade de Memoria Histórica. E outro asunto que non se debe esquecer «pendiente está a misión da igualdade». Nesta edición que organiza a Libraría Lila Liliht, igual cas 6 edicións anteriores, a ledicia se cabe foi maior; pois Maruxa e Coralia Fandiño Ricart teñen, ao lado da súa figura, na Alameda, información da identidade destas dúas mulleres que saúdan na entrada do paseo. A  placa conmemorativa  da conta da crueldade que viveu este país. Unha información, para aqueles que queiran saber, cando fan a foto, quenes eran Maruxa e Coralia, máis aló das figuras alegres e chistosa de cor e estrafalaria cuxo nome de muller corre en fotos entre os visitantes.

Maruxa e Coralia, vítimas do franquismo, estigmatizadas e violadas construíron un mundo o seu arredor como unha barricada de resistencia. Esta foi unha traxedia real que debe servir para que a historia non se repita.

Máis fotos premendo aquí

Conversas de mulleres ao carón de Maruxa e Coralia Fandiño Ricart «As Marías» HISTORIAS DA RESISTENCIA NOS ANOS ESCUROS

 

About The Author

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *