O xeito de mirar tamén require de indicacións para gañar entusiasmo
Onte estiven no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela para mirar tres exposicións
Tres propostas de actualidade: Colección CGAC 25 – En construción -Nicolás Combarro. Forma, Acción
Foto. Mariel Norat
O acto que foi organizado pola Plataforma de Galeras en colaboración co CGAC, tivo o privilexio de contar co director da institución, Santiago Olmo, como guía de excepción, unha circusntancia que vén dada, xa que tamén é o comisario destas exposicións. O percorrido resultou do máis enriquecedor dentro desa mirada de cada quen deste grupo que se atopaba facendo a visita. Asemade, as explicacións para as liñas de entendemento que nos ofreceu Santiago Olmo, como experto, e coñecedor das fontes creativas dounos importantes claves para a comprensión das mostras. Todo isto, fíxome pensar que en Compostela temos espacios de gran relevancia, que nós mesmos, como habitantes desta cidade tiñamos que visitar un pouco máis. Pero non esquezo que un espacio de arte é un punto sempre moi discutido de como e cal debe ser o proxecto da súa estratexía para que a xente, e sobre todo a veciñanza, teña curiosidade e apego por coñecer o que atesoura as edificacións de relevancia da súa contorna. En teoría son espacios públicos, de pertenza compartida que teñen como finalidade que sexamos mellores.
FOTO. Mariel Norat
Sen dúbida, é certo, non a todos lles gusta ou lles é doado entender o sentido destas pezas. Por iso, ter alguén que oriente en este tipo de visitas é fundamental para iniciarse e desfrutar das corrientes artísticas. Nesta liña, preguntei ao director, Santiago Olmo, si había algún día de visitas guiadas e indico que todos os sábados hai unha persoa que ten esta misión no Centro Galego de Arte Contemporáneo. Polo tanto, todos os sábados ás 12 da mañá pódese visitar as exposicións de xeito guiado, excepto na temporada estival.
As tres mostras que miramos
Colección CGAC 25 – En construción -Nicolás Combarro. Forma, Acción +Info
Foron as exposicións que tiven o gusto de visitar, co grupo estupendo que organizou a Plataforma de Galeras, e que presentan propostas interese baseadas no conceptual. Son certamente recomendables para recoller puntos de vista, para recrearse na creatividade destes tres autores nun continente de privilexio creado polo sempre interesante arquitecto Alvaro Siza.
Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.