Goretti Sanmartín reúnese coa directiva de Hostalaria.gal e coinciden na necesidade de conseguir un turismo sustentábel
Trataron os problemas cos trámites para uso do espazo público e a necesidade de promoción de actividades que fomenten a dinamización comercial e hostaleira
O grupo municipal do BNG mantivo unha reunión con representantes da directiva de Hostalaria.gal, unha asociación de nova creación constituída como canle de comunicación e representación colectiva ante organismos e entidades. A portavoz municipal Goretti Sanmartín deulle a benvida a este colectivo, que se suma a outras asociacións de recente constitución en Santiago de Compostela.
Segundo explicou Goretti Sanmartín, o BNG coincide coa directiva de Hostalaría.gal na necesidade de diversificar o turismo, na busca da sustentabilidade, e no fomento de servizos destinados á propia veciñanza de Santiago de Compostela, co fin de protexer e de fomentar o patrimonio destes estabelecementos na súa diversidade.
Comentaron tamén durante a reunión os problemas que lle afectan ao sector nestes momentos de grave crise económica e, no ámbito municipal, cos trámites para uso do espazo público e coa necesidade de promoción de actividades que fomenten a dinamización comercial e hostaleira.
También te puede interesar
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
1º Maio 2024 en Santiago de Compostela
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
Lo que no pensé que sería