Festa de Finalistas dos Premios Teatro María Casares en Santiago

Os espectáculos de ‘Othello’, de Voadora, e ‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatro Romea, contan con 8 finalistas; mentres que ‘A lúa vai encuberta’, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, acada 7, e ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego, logra 6 finalistas

‘A lúa vai encuberta’, ‘Cigarreiras’ e ‘Terceiro acto’ competirán polo María Casares ao mellor espectáculo mentres que ‘Hugo’, dos Náufragos Teatro; ‘Quixote’, de Pedras de Cartón, e ‘Cubo’, de Elefante Elegante, farán o propio no apartado de espectáculo infantil

Santiago, 28 de abril-. Un total de 14 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e que se celebrará o 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Onte á tarde en Santiago, tivo lugar a Festa de Finalistas 2022 na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia. O acto, que foi presentado polo actor Jose Losada, contou coa asistencia de Jacobo Sutil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Xosé Lois Penas, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña; Jesús Celemín, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña, e Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia.

A obra Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea, acadou un total de 8 finalistas nas categorías de maquillaxe, vestiario, escenografía, adaptación-tradución, actriz protagonista por partida dupla, dirección e espectáculo. Othello, de Voadora, tamén conseguiu 8 finalistas. No seu caso, nos apartados de maquillaxe, vestiario, escenografía, iluminación, adaptación-tradución, música orixinal, actor secundario e dirección.

Pola súa banda, A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, competirá por sete María Casares ao contar con finalistas para iluminación, adaptación-tradución, música orixinal, actor secundario, actor protagonista, dirección e espectáculo.

A produción do Centro Dramático Galego (CDG) Terceiro Acto rexistra seis finalistas nos apartados de escenografía, texto orixinal, actriz protagonista, actor protagonista por partida dupla e espectáculo.

Comando Comadres, de Matrioshka Teatro, aspira a levar dous galardóns: maquillaxe e actriz secundaria, igual que Quixote, da compañía Pedras de Cartón, que opta aos de vestiario e espectáculo infantil. O charco de Ulises, do Centro Dramático Galego, tamén conseguiu dúas finalistas, ao aspirar por partida dupla ao premio de actriz secundaria.

Os seguintes espectáculos acadaron un finalista: Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (actor secundario); A parábola do angazo, de Talía Teatro (texto orixinal); A cazola de Lola, de Tanxarina (música orixinal); Soga e cinsa, de Aporía Escénica (texto orixinal); Serva me Servabo te, do Centro Dramático Galego (iluminación), Hugo, de Os Naúfragos Teatro (espectáculo infantil), e Cubo, de Elefante Elegante (espectáculo infantil).

Estes 14 espectáculos competirán así na gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares. Os galardóns están organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e contan tradicionalmente co apoio e o patrocinio de institucións e entidades como a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Fundación AISGE

Relación de finalistas por montaxes

1. Cigarreiras, de Contraprodución e Teatre Romea (8 finalistas): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actriz protagonista (Tamara Canosa e Susana Dans), adaptación/tradución (Cándido Pazó), escenografía (Dani Trillo), vestiario (Martina Cambeiro) e maquillaxe (Martina Cambeiro).

2. Othello, de Voadora (8 finalistas): dirección (Marta Pazos); actor secundario (Hugo Torres), adaptación/tradución (Fernando Epelde), música orixinal (Hugo Torres), iluminación (Nuno Meira), escenografía (Marta Pazos), vestiario (Silvia Delagneau) e maquillaxe (Silvia Delagneau).

3. A lúa vai encuberta, Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (7 finalistas): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actor protagonista (Davide González), actor secundario (Tito Asorey), adaptación/tradución (Vanesa Sotelo), música orixinal (Davide González) e Iluminación (Laura Iturralde).

4. Terceiro acto, do Centro Dramático Galego (6 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Roberto Leal e Eduardo R. Cunha ‘Tatán), actriz protagonista (Belén Constenla), texto orixinal (Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez) e escenografía (Marta Pazos)

5. O charco de Ulises, do Centro Dramático Galego (2 finalistas): actriz secundaria (Mónica Camaño e Raquel Espada)

6. Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (2 finalistas): actriz secundaria (Anabell Gago) e maquillaxe (LaPelu F.Silva)

7. Quixote, de Pedras de Cartón (2 finalistas): vestiario (Diego Valeiras) e espectáculo infantil.

8. A parábola do angazo, de Talía Teatro (1 finalista): texto orixinal (Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo).

9. Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (1 finalista): actor secundario (Fernando Dacosta)

10. A cazola de Lola, de Tanxarina (1 finalista): música orixinal (Ailén Kendelman).

11. Soga e cinsa, de Aporía Escénica (1 finalista): texto orixinal (Diana Mera)

12. Seva me Servabo te, do Centro Dramático Galego (1 finalista): iluminación (Laura Iturralde)

13. Cubo, de Elefante Elegante (1 finalista): espectáculo infantil

14. Hugo, de Os Náufragos Teatro (1 finalista): espectáculo infantil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.