Este martes quedou inaugurada a exposición que fai un percorrido pola historia de Camilo Díaz Baliño e seu fillo Isaac Díaz Pardo comisariada por Morris Xosé R. Fandiño e Gloria López.
![]()
Ábrese ao público baixo o título Galiza Sempre no Horizonte no fundamento do querer á terra de pai e fillo, e tenta achegar as súas vidas a través dos seus traballo como recoñecemento do pulo de corrientes creativas das que formaron parte na cidade de Santiago. E tamén, as percepcións de que todo aquelo veuse truncado: ilusións, proxectos e ata a vida ca chegada da Guerra Civil (Camilo Díaz Baliño). Este recopilatorio homenaxe congregou a moitas persoas coñecidas de Compostela, e mesmo de Galicia, tanto do mundo intelectual como da cultura. Na mostra colabora o Ateneo de Santiago, a Universidade, o Concello e a Deputación da Coruña. Ficará exposta ata o 30 de novembro no Colexio de Fonseca de luns a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:30 h.
Artigos relacionados. Preme aquí