Posta en marcha da Rede da GaliLusofonia na procura da Lei Paz- Andrade aprobada no ano 2014

O pasado venres na cidade do Lérez douse un paso decisivo de carácter lingüístico encamiñado nas achegas á lusofonía. Unha xuntanza que serviu entre outras para pór en marcha as liñas de actuación que acollerán o marco que servirá á cooperación entre os diferentes colectivos públicos e sociais coa vista posta no acento a unha lei, a Paz – Andrade, que se ten aprobado no ano 2014 e cuxa  prioridade é tecer unha rede Lingüística e cultural entre Galicia e Portugal. Esta alianza na investigación no traballo conxunto  abordarase dende a Rede da GaliLusofonía  que vén a culminar a lei aprobada no 2014 e que ata agora non se ten desarrollado. Segundo manifestan neste comunicado conxunto enviado a esta redacción, e que aparece baixo da foto.

                                      MANIFESTO DA REDE DA GALILUSOFONIA

Reunidas en Pontevedra o 12 de outubro de 2018 as entidades galegas e portuguesas abaixo asinantes, civís e públicas, deciden constituír a Rede da GaliLusofonia cos obxectivos de xuntar esforzos, coordenarse e cooperar na difusión de iniciativas encamiñadas a situar a Galiza no seu espazo natural lingüístico-cultural, a Lusofonía, con grande potencial noutros campos como o económico e o institucional

Facémonos eco dunha demanda nacida na sociedade civil que logrou, a través dunha iniciativa lexislativa popular, que o Parlamento Galego aprobase en 2014 a coñecida como Lei Paz-Andrade “para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa Lusofonía”. Urximos o seu cumprimento tal como reiterou esta mesma semana a cámara lexislativa nunha resolución que insta o goberno galego ao seu decidido desenvolvemento .

As dúas iniciativas parlamentares foron aprobadas por unanimidade, o cal demostra o consenso político e a madurez social para avanzar nun horizonte de futuro para a nosa lingua común.

Partillamos o desexo manifestado polo Parlamento de incorporar a Galiza á Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP) á cal pode aderir por orixe histórica e vontade popular e política.

Manifestamos o noso interese en integrar nesta rede todas as entidades que se identificaren con estes obxectivos en calquera dos países de lingua oficial portuguesa.

Para desenvolvermos os nosos obxectivos e definir a nosa estrutura organizativa realizaremos un novo encontro na cidade de Braga, capital histórica da Gallaecia.

A Mesa pola Normalización Lingüística
Academia Galega da Língua Portuguesa
AGAL-Associaçom Galega da Língua
AJA Galiza-Núcleo da Associaçom Jose Afonso na Galiza
aRi[t]mar galiza e portugal
Castro Galaico Festival de Nogueiró (Portugal)
Convergências Portugal Galiza
SCD Condado (Festival da Poesia)
Fundación Via Galego
Ponte a Portu-Gal-Concello de Ponteareas
Ponte nas Ondas
Traz outro amigo também-Concello de Cedeira

Foto dos representantes das entidades reunidas, con Uxía Senlle e Mário Lúcio (ex ministro da Cultura de Cabo Verde)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.