O mal tempo que asola Galicia provocou un morto en Santiago de compostela por desplome dun muro

FOTO. A Hernández

Un home morre esmagado en Santiago de Compostela polo derrube dun muro debido ás fortes e intensas choivas que nos veñen acompañando este inverno

A borrasca Elsa vén lembrar un tempo de inverno que xa esqueceramos

O Concello de Santiago revisará todos os muros que poidan revestir perigosidade a raíz da morte deste veciño

Esta mañá, despois dun minuto de silencio fronte ao pazo de Raxoi, polo pasamento de Salvador Piñón Pena de 80 anos, residente na rúa Teo,  e natural de Ortigueira. Sánchez Bugallo cambiaba os temas da rolda de prensa prevista para o día de hoxe para dar información do acontecido. Mostrou a súa consternación e a do consistorio pola morte de Salvador Piñon Pena na Costiña do Monte, polo desplome do muro de Bonaval, e así o explicaba:

@marielnorat

Onte ás 17:45 horas recibiuse unha chamada no concello dun veciño que anunciaba o derrube deste muro. Rapidamente acudiron ao lugar os servizos e os técnicos para tomar medidas e facer fronte á situación. O alcalde engadeu: Tíñamos medo de que houbera persoas debaixo, de momento só virón 3 coches e foron  traballando con coidado. Mobilizáronse todos os servizos para o desescombro e ata se contratou medios que o concello non ten.

Hoxe lamentamos que Salvador Piñon Pena, residente na rúa Teo, estivera morto baixo o muro derrubado. Tras ter constancia da súa identidade comunicouselles a súa familia a triste nova. Seu corpo será trasladado a Ortigueira, a súa localidade de orixe en canto así o considere medicina legal e o xulgado.

Dende a chamada avisando da caída do muro de Bonaval o Concello estivo pendiente de se alguén denunciaba desaparicións, na posibilidade de que non houbese vítimas, pero é que Salvador, vivía só.

O alcalde indicou: Que o que provocou o derrube foi a acumulación de auga propiciado polo desnivel que se produce neste muro de contención. Polo xeral, en Santiago existen muros de moita antigüidade, de ata 200 anos, e son moi altos, de 5 ou 6 metros. Son orixinarios dos peches de conventos.

Unha situación que impulsa dende o goberno local a levar a cabo unha revisión do estado na que se atopan os muros de propiedade pública e privada na cidade, e deste xeito evitar outras circunstancias dolorosas. Ao tempo o alcalde, Xosé Bugallo, fai unha chamada de atención para que os cidadáns respecten os avisos de alerta, e por exemplo, se a Alameda está pechada fagan caso da advertencia. E sinalou que estes días hai que ter coidado pois seguiremos sufrindo os rigores do mal tempo.

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.