A Festa do Coro da Rá en favor das ceas do Paluso unha festa que demostra compromiso e solidaridade
Da man da humanidade e fronte á individualidade
O día 18 do pasado mes de decembro foron moitos os que se deron cita na sala Capitol para asistir á Festa de Amigos do Coro da Rá. Un acontecemento social solidario e colaborativo en favor de que ninguén estea só no Nadal. Eso son as ceas do Paluso en Santiago de Compostela. Con unha entrada de 5 euros colaborativos, son moitos os que se unen para perpetuar e implicarse ca finalidade do Paluso.
A marca imprescendible no almanaque de chegada do Nadal fai máis visible a carencia e as ausencias de xeito evidente. Da man da humanidade e fronte á individualidade sitúase o Paluso que honra moito a quen o organiza e a quenes colaboran. Por outra banda, ábrese un espectáculo ben bo, por certo, para o espectador; os coros que participaron este ano estivo composto por: Morning Maniac Music, Wua, Oîma, Cayetano Lledó, Mojo Experience, Sumrrá, Coro Sen Nome
Noraboa a todas e todos os artistas e participantes neste día porque puxeron moito para que todo saíra ben. Sen esquecer a Ramón Bermejo organizador e director dese Coro da Rá marabilloso.