Un home morre esmagado en Santiago de Compostela polo derrube dun muro debido ás fortes e intensas choivas que nos veñen acompañando este inverno
A borrasca Elsa vén lembrar un tempo de inverno que xa esqueceramos
O Concello de Santiago revisará todos os muros que poidan revestir perigosidade a raíz da morte deste veciño
Esta mañá, despois dun minuto de silencio fronte ao pazo de Raxoi, polo pasamento de Salvador Piñón Pena de 80 anos, residente na rúa Teo, e natural de Ortigueira. Sánchez Bugallo cambiaba os temas da rolda de prensa prevista para o día de hoxe para dar información do acontecido. Mostrou a súa consternación e a do consistorio pola morte de Salvador Piñon Pena na Costiña do Monte, polo desplome do muro de Bonaval, e así o explicaba:
@marielnorat
Onte ás 17:45 horas recibiuse unha chamada no concello dun veciño que anunciaba o derrube deste muro. Rapidamente acudiron ao lugar os servizos e os técnicos para tomar medidas e facer fronte á situación. O alcalde engadeu: Tíñamos medo de que houbera persoas debaixo, de momento só virón 3 coches e foron traballando con coidado. Mobilizáronse todos os servizos para o desescombro e ata se contratou medios que o concello non ten.
Hoxe lamentamos que Salvador Piñon Pena, residente na rúa Teo, estivera morto baixo o muro derrubado. Tras ter constancia da súa identidade comunicouselles a súa familia a triste nova. Seu corpo será trasladado a Ortigueira, a súa localidade de orixe en canto así o considere medicina legal e o xulgado.
Dende a chamada avisando da caída do muro de Bonaval o Concello estivo pendiente de se alguén denunciaba desaparicións, na posibilidade de que non houbese vítimas, pero é que Salvador, vivía só.
O alcalde indicou: Que o que provocou o derrube foi a acumulación de auga propiciado polo desnivel que se produce neste muro de contención. Polo xeral, en Santiago existen muros de moita antigüidade, de ata 200 anos, e son moi altos, de 5 ou 6 metros. Son orixinarios dos peches de conventos.
Unha situación que impulsa dende o goberno local a levar a cabo unha revisión do estado na que se atopan os muros de propiedade pública e privada na cidade, e deste xeito evitar outras circunstancias dolorosas. Ao tempo o alcalde, Xosé Bugallo, fai unha chamada de atención para que os cidadáns respecten os avisos de alerta, e por exemplo, se a Alameda está pechada fagan caso da advertencia. E sinalou que estes días hai que ter coidado pois seguiremos sufrindo os rigores do mal tempo.
Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.