Xubilados e Pensionistas non se rinden fronte o 0,25% e voltan ás rúas

En marzo tamén voltan ás rúas Xubilados e Pensionistas para reclamar pensións que se axusten ao incremento da vida, fronte 0,25% de subida que lles oferta o goberno. Desta volta, saíase ás 12 da mañá da Praza Cervantes recorrendo parte do casco antigo cara á Praza da Quintana, que se amosaba abarrotada no seu conxunto á hora de rematar a convocatoria. 

Na manifestación víase un público máis interxeneracional que en outras ocasións que ían acompañando os nosos maiores. Estaban alí e camiñaron con eles para demostrar o apoio, nalgún caso, houbo alguen que dixo que era de recibo estar alí, pois a seus avós axudaban a sair para diante na súa casa,  xa que os traballos miserentos que se reparten no país non sempre cubren as primeiras necesidades para vivir. Para ver máis fotos preme aquí

Asemade, os xubilados amosábanse indignados ante o que consideran unha burla por parte do goberno con ese incremento do 0,25 % . Afirmaban que non é de recibo esta situación despois de toda unha vida de traballo. E engadían «Nos queren condenar a vivir de xeito miserable». Mulleres, homes de tódalas idades reglaman o dereito a vivir con dignidade. Un día de escuros e claros que nalgún intre obrigou a abrir os paraugas; entre a multitude podíase ver ao portavoz de En Marea, Luis Villares, Xabier Vence ou o antigo alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.