

Neste triste acontecer do século XXI tamén temos que ver como o coñecemento se convirte en mercaduría. Non é xusto nin xustificable. Moi americano aquilo de “Por se a criatura ten interese en estudar é mellor ir facendo peto”. Acceder ao coñecemento vai ser cuestión duns poucos, claro.
No ámbito universitario estes días estase a vivir unha situación revolta, pois o novo plan das carreiras universitarias, volve a cambiar despois de que no ano 2010 se implantase o Grado para a adaptación ao Espacio Europeo de Enseñanza Superior. Daquela, a licenciatura que eran 5 anos, pasou a ser de 4 anos co Grado. Aínda non dou tempo a valorar esta última reforma que, todo hai que dicilo, contou con moitos detratores dentro da comunidade universitaria no momento da súa implantación. Agora chega a nova lei do Ministro Wert. Un plantexamento universitario neoliberal feito de xeito unilateral, sin contar cos distintos colectivos que conforman a educación e a enseñanza. O Ministro de Educación e Cultura pon a funcionar a maquinaria para que o Grado pase a ser, nesta ocasión, de 3 anos, e que se complete con un máster de dous anos (3 + 2), cuns custos elevados para o alumno, que non todas as familias poden pagar. Este é un tema maior ao que a ninguen lle pode resultar alleo, estamos a falar do compromiso co futuro de calquer sociedade civilizada que ten a obriga de evolucionar. O Ministro de Educación e Cultura, José Ignacio Wert (por certo o seu apelido traducido do alemán é valor) pretendía unha posta en marcha inmediata de dita normativa. Unha lei que é contraria aos criterios dos reitores das universidades españolas, polo que a frenaron, solicitando un prazo para a súa implantación, unha data que agarda ata o 2017. Tendo en conta que cada goberno que chega fai os cambios que lle peta, e como dentro de pouco temos eleccións… Igual hai sorte e non sae.
