O domingo 28M Compostela decideu abrir a porta á gobernanza dunha muller, Goretti Sanmartín Rei do BNG. Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. Nada no ano 1964 na localidade de A Estrada leva case toda súa vida en Santiago, persoa que coñece ben esta cidade e os seus problemas; ten percorrido cada rúa, cada praza que conforma eses barrios… Pero tamén sabe das eivas propias e comúns que Santiago ten que afrontar neste presente.

A traxectoria política da nova alcaldesa é longa; como concelleira do BNG durante anos, ata ser nombrada vicepresidenta da Deputación da Coruña, e posteriormente voltaría ao Pazo de Raxoi como concelleira.
Un goberno estable, forte, sólido e unido».
A primeira alcaldesa compostelana, Goretti Sanmartín, indicou hoxe en rolda de prensa que xa están a traballar para fixar datas de reunión co PSdeG e con Compostela Aberta para chegar a acordos e formar un tripartito. Sinalou tamén, que terán que facer un proceso rápido e intenso para sen demoras o día 18 de xuño ter conformado o goberno de Santiago de Compostela. Goretti Sanmartín insiste en conseguir:» Un goberno estable, forte, sólido e unido».
Para Sanmartín o seu modelo de cidade atoparía o eixe nunha contorna humana, conciliadora, igualitaria, cas mismas oportunidades para todas e todos, independientemente se se vive no urbano ou no rural.
About The Author
También te puede interesar
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela