A unión no 25N. Cooperativa Rural Galega

A Asociación Mulleres de Seu denuncia que no rural sófrese moita violencia de xénero e que carecen das ferramentas necesarias para detectala e facerlle fronte

Mañá venres, con motivo do 25N, o persoal da cooperativa CLUN e as mulleres da Asociación realizarán paróns e andainas desde as súas sedes para amosar o seu rexeitamento a esta realidade

CLUN (Cooperativa Rural Galega) únese ás celebracións do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Como cada ano, desde todas as sedes da cooperativa farase unha parada ás 12:00 horas na entrada de cada centro para manifestar o apoio dos seus traballadores e traballadoras á loita contra a lacra social que supón a violencia de xénero.

En cada un dos centros de Clun (Feiraco-Ames, Melisanto-Melide, Os Irmandiños- Ribadeo e Clesa-Caldas de Reis) pararán para dicir “non á violencia de xénero”. Con esta iniciativa, o persoal da cooperativa quere amosar a súa solidariedade coas vítimas e o seu “rexeitamento total a calquera forma de violencia contra a muller”.

Tamén participarán en andainas contra a violencia de xénero

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.