Redución da factura enerxética do Concello e das edificacións dependentes do mesmo

A portavoz municipal do Concello de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou en rolda de prensa que o BNG proporá no Pleno de novembro a creación dun Plan de aforro enerxético nas instalacións municipais. Unha proposta de aforro na intención de beneficiar o conxunto da poboación de Santiago,  e que se destinen esos recursos a outros investimentos necesarios. Deste xeito, tamén levaríase a cabo un acordo unánime da Corporación adoptado hai un ano para que se colocasen paneis de enerxía fotovoltaica nas instalacións municipais, que está sen executar. 

 

E indica, Goretti Sanmartín que de ter executado medidas evitaríse as queixas da veciñanza de que nos centros socioculturais e noutras instalacións municipais a calefacción está acendida mesmo en fins de semana cando non hai actividades.

 

Deste xeito, o BNG propón realizar unha campaña de asesoramento e de sensibilización da cidadanía, poñer un servizo a disposición da propia veciñanza para ofrecer esta información e axudas, e que se complete toda a instalación de luminarias de tecnoloxía de baixo consumo, con led, en zonas públicas de titularidade municipal garantindo que tanto en rúas, en prazas e vías de tránsito se poida minimizar o consumo de tal maneira que iso poida reducir o gasto nas arcas municipais nestes momentos en que os prezos están disparados pola crise económica.

 

Reclama tamén unha aplicación en edificios e institucións para que se invista en novas tecnoloxías máis eficientes tanto na iluminación de edificios, como no equipamento informático e en sistemas de quecemento ou de aire acondicionado máis racionais. Sobre todo, que haxa unha racionalización horaria no uso dos recursos enerxéticos , de xeito que en momentos que non hai actividade e están pechados non pode estar en funcionamento determinados elementos como a calefacción ou a iluminación.

 

Por iso é necesario que se redacte un plan municipal de eficiencia enerxética e que se cumpra en todas as instalacións municipais, que ten que ir acompañado da redución do gasto, do aforro de enerxía, de reutilización de recursos e da reciclaxe de materiais.

 

Revisión das obras nos Concheiros

Goretti Sanmartín  fala de que aasustentabilidade debe ser un dos elementos principais, non só pola crise económica senón tamén pola crise climática para o que é necesario apostar pola enerxía renovábel e polo aforro enerxético. «O concello non está facendo todo o que está na súa man, pois é continuo que en cada obra hai que estar volvendo sobre ela con modificacións de proxecto e a investir máis cartos polas súas deficiencias, como aconteceu coas obras do Hórreo coa regulación dos semáforos e das lousas que se levantaban e está a acontecer agora nos Concheiros, despois dun atraso escandaloso e hai que facer un novo investimento por excesivo peso do transporte e tamén por selado deficiente inicial, polo que ten que haber unha maior inspección das obras e das empresas concesionarias», sinalou.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.