A Academia Galega do Audiovisual cara os Premios Mestre Mateo

Récord de participación nos Premios Mestre Mateo, con 194 obras inscritas

Os premios certifican a boa saúde da animación galega.

Nas categorías profesionais o 63% dos candidatos son homes e o 36% son mulleres.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2023 | A Academia Galega do Audiovisual inicia o ano 2023 ca primeira rolda de votacións da XXI edición dos Premios Mestre Mateo, que estará aberta ata o 30 de xaneiro ás 14:00h. 194 obras e 489 profesionais competirán por obter algún dos 26 galardóns que se entregarán o 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense.

O número de obras presentadas supón un incremento do 19,7% con respecto á pasada edición dos premios. Nelas atopamos datos positivos en relación ao uso da lingua xa que o 67,3% teñen a súa versión orixinal en galego.

Resulta tamén salientable a boa saúde da produción de animación en Galicia, despois da ausencia de candidaturas nas categorías de curtametraxe e longametraxe de animación en 2022. Se ben a categoría de curtametraxe de animación é recorrente nas sucesivas edicións dos premios (só en 2022 e 2015 non existiu no palmarés) non sucede así coas longametraxes: habería que remontarse aos XIII Premios Mestre Mateo para atopar tres longametraxes de animación entre as candidatas; en 2011 houbo dúas e en 2008 presentáronse tamén tres.

A calidade da animación producida en Galicia vese refrendada polo paso polos premios Goya das longametraxes finalistas: Valentina foi gañadora na categoría de Mellor película de animación en 2022 e Unicorn Wars é finalista na mesma categoría este ano.

Tomando como referencia as candidaturas aos XX Mestre Mateo, este ano advertimos tamén un incremento significativo na produción de videoclips, anuncios publicitarios e documentais, sendo case un 60% máis os traballos presentados na primeira categoría, un 47,3% na segunda e un 17,8% na terceira.

Sete películas, unha menos que na pasada edición, competirán por alzarse co trofeo a Mellor longametraxe. Agás A mazá de ouro, dirixida por Jaime Chávarri, todas están dirixidas por académicas e académicos: Código Emperador, do último gañador do Mestre Mateo á mellor dirección, Jorge Coira; El Tirabeque, de Darío Autrán, quen tamén é autor do guión, produtor e protagonista do filme; Live is Life, de Dani de la Torre; O corpo aberto, de Ángeles Huerta; O home e o can, de Ángel de la Cruz; e Sofía Casanova, a obreira do pensamento, de Zaza Ceballos (co-dirixida con Noelia Muíño).

Entre as candidatas a mellor serie de TV atopamos catro, tamén unha menos que na pasada edición: dúas producións emitidas por TVG, A lei de Santos e Saudade de ti; e outras dúas emitidas por plataformas de streaming: Operación Marea Negra, de Amazon Prime Video e Rapa, de Movistar +. Seguindo coa ficción seriada, once proxectos, tres menos que o ano pasado, compiten na categoría de Mellor serie web.

A Academia observa un leve incremento na produción de curtametraxes e programas, cunha obra máis, en cadansúa categoría, que as presentadas na vixésima edicion dos premios: 30 curtas de ficción e 33 programas competirán por alzarse cun trofeo na gala de entrega de premios.


No que respecta ás candidaturas profesionais, é a de Mellor interpretación masculina de reparto a que aglutina a un maior número de profesionais candidatos, 57, seguida a certa distancia por Mellor interpretación feminina de reparto, con 37, e Mellor montaxe, con 35. Resulta destacable a diferenza entre homes e mulleres nas candidaturas das categorías de interpretación: un 58,4% de actores fronte a un 41,6% de actrices.

A diferenza é aínda maior nalgunhas categorías técnicas como son realización (92,5% realizadores fronte a 7,4% realizadoras), son (9,6% mulleres fronte a 90,3% homes) e dirección, na que só hai 7 directoras candidatas (24,1%), fronte a 22 directores (75,8%).

Pola contra, hai categorías con maioría de candidaturas femininas como son maquillaxe e perruquería (86,6% mulleres fronte a 13,5% homes), vestiario (85,7% mulleres fronte a 14,2% homes) e dirección de arte (66,6% directoras de arte fronte a 33,3% directores de arte).

Hai un total de 489 inscritos nas categorías profesionais, dos cales o 63% son homes e o 36% son mulleres.

Neste primeiro prazo de votación, as académicas e académicos elixirán as candidaturas finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo.

Unha vez anunciadas, abrirase un segundo prazo de votación para elixir ás gañadoras que se coñecerán na gala de entrega de premios, a gran festa do audiovisual galego, que celebraremos o 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense.

 

Récord de participación en los Premios Mestre Mateo, con 194 obras inscritas

Los premios certifican el buen momento de la animación gallega.

En las categorías profesionales el 63% de los candidatos son hombres y el 36% son mujeres.

A Coruña, 3 de enero de 2023 | O inicio do ano marca a primeira ronda de votaciones de la XXI edición de los Premios Mestre Mateo, que estará abierta hasta el 30 de enero a las 14:00h. 194 obras y 489 profesionales competirán este año por obtener alguno de los 26 galardones que se entregarán na festa do audiovisual galego.

El número de obras presentadas supone un incremento del 19,7% con respecto a la pasada edición de los premios. En ellas encontramos datos positivos en relación al uso de la lengua, ya que el 67,3% tienen su versión original en gallego.

Resulta también destacable la buena salud de la producción de animación en Galicia, después de la ausencia de candidaturas en las categorías de cortometraje y largometraje de animación en 2022. Si bien la categoría de cortometraje de animación es recurrente en las sucesivas ediciones de los premios (solo en 2022 y 2015 no existió en el palmarés) no sucede así con los largometrajes: habría que remontarse a los XIII Premios Mestre Mateo para encontrar tres largometrajes de animación entre las candidatas; en 2011 hubo dos y en 2008 se presentaron también tres.

La calidad de la animación producida en Galicia se ve refrendada por el paso por los premios Goya de los largometrajes finalistas: Valentina fue ganadora en la categoría de Mejor película de animación en 2022 y Unicorn Wars es finalista en la misma categoría este año.

Tomando como referencia las candidaturas a los XX Mestre Mateo, este año advertimos también un incremento significativo en la producción de videoclips, anuncios publicitarios y documentales, siendo casi un 60% más los trabajos presentados en la primera categoría, un 47,3% en la segunda y un 17,8% en la tercera.

Siete películas, una menos que en la pasada edición, competirán por alzarse con el trofeo a Mejor largometraje. Excepto A mazá de ouro, dirigida por Jaime Chávarri, todas están dirigidas por académicas y académicos: Código Emperador, del último ganador del Mestre Mateo a la mejor dirección, Jorge Coira; El Tirabeque, de Darío Autrán, quien también es autor del guión, productor y protagonista del film; Live is Life, de Dani de la Torre; O corpo aberto, de Ángeles Huerta; O home e o can, de Ángel de la Cruz; y Sofía Casanova, a obreira do pensamento, de Zaza Ceballos (co-dirigida con Noelia Muíño).

Entre las candidatas a mejor serie de TV encontramos cuatro, también una menos que en la pasada edición: dos producciones emitidas por TVG, A lei de Santos y Saudade de ti; y otras dos emitidas por plataformas de streaming: Operación Marea Negra, de Amazon Prime Video y Rapa, de Movistar +. Siguiendo en la ficción seriada, once proyectos, tres menos que el año pasado, compiten en la categoría de Mejor serie web.

La Academia observa un leve incremento en la producción de cortometrajes y programas, con una obra más, en cada categoría, que las presentadas en la vigésima edición de los premios: 30 cortos de ficción y 33 programas competirán por alzarse con un trofeo en la gala de entrega de premios.

En lo que respecta a las candidaturas profesionales, es la de Mejor interpretación masculina de reparto la que aglutina a un mayor número de profesionales candidatos, 57, seguida a cierta distancia por Mejor interpretación femenina de reparto, con 37, y Mejor montaje, con 35. Resulta destacable la diferencia entre hombres y mujeres en las candidaturas de las categorías de interpretación: un 58,4% de actores frente a un 41,6% de actrices.

La diferencia es aún mayor en algunas categorías técnicas como son realización (92,5% realizadores frente a 7,4% realizadoras), sonido (9,6% mujeres frente a 90,3% hombres) y dirección, en la que solo hay 7 directoras candidatas (24,1%), frente a 22 directores (75,8%).

Por el contrario, hay categorías con mayoría de candidaturas femeninas como son maquillaje y peluquería (86,6% mujeres frente a 13,5% hombres), vestuario (85,7% mujeres frente a 14,2% hombres) y dirección de arte (66,6% directoras de arte frente a 33,3% directores de arte).

Hay un total de 489 inscritos en las categorías profesionales, de los cuales el 63% son hombres y el 36% son mujeres.

En este primer plazo de votación, las académicas y académicos elegirán las candidaturas finalistas de los XXI Premios Mestre Mateo.

Una vez anunciadas, se abrirá un segundo plazo de votación para elegir a las ganadoras que se conocerán en la gala de entrega de premios, la gran fiesta del audiovisual gallego, que se celebrará el 11 de marzo en el Auditorio Municipal de Ourense.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.