Shakespeare en Roma, a nova produción do Centro Dramático Galego

Actualización. 07/02/2023

 

O Centro Dramático Galego presentou esta nova produción aos medios de comunicación no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. Neste mesmo lugar terá lugar a representación destes catro traballos que van fiados aínda que traballados en distintas pezas baixo o mesmo título. Un escenario especial,  como é o Salón Nobre do Colexio de Fonseca, para representar a un Shakespeare concentrado que fala de poder e da guerra,  para ser ofrecido ao público do 9 de febreiro ao 2 de abril.

FOTO@Mariel de Elvira

 

O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, artellou esta colaboración coa Universidade Compostelana, e sinalou as dificultades que tiveron que sortear para chegar a bo fin coa representación: a complexidade do espazo de creación para a escenificación, e o encaixe nos equipos, xa que interveñen uns profesionais comúns nas catro pezas.

María Barcala, invitou a disfrutar deste traballo como «un petisco Shakesperiano», Xulio Lago, engadeu que «A xente necesita Shakespeare puro, aínda que sexa trinta minutos». Sara Rey, é unha nova directora formada na Escola de Arte Dramática de Vigo, licenciada en Historia da Arte. Ela vén de ter experiencias xa no eido da dirección e síntese agradecida de ter esta oportunidade. Garda a esperanza que máis xente nova poida ter ocasión de entrar nos circuitos e demostrar a súa valía. 

A presentación aos medios de comunicación contou coa presenza do rector da Universidade Compostelana, Antonio López, quen sinalou que é interesante esta iniciativa para abrirlles a apetencia aos estudantes polo teatro. Asemade o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, tildou a obra de arriscada e ocurrente.

A obra conta con achegamentos dramatúrxicos e direccións de escena distintas para cada unha das pezas, mais cun elenco común para todas. Así, Madeira dirixe Coriolano a partir da dramaturxia de Volodymyr Snegurchenko; María Barcala e Xúlio Lago, Xulio César na versión de Ana Carreira; Sara Rey, Antonio e Cleopatra segundo o texto de Ana Abad de Larriva, e Quico Cadaval, Tito Andrónico, a partir da reescrita de Lorena Conde.

O  uso para os ensaios deste espazo en Fonseca e as 39 representacións programadas é posible grazas ao convenio de colaboración asinado coa Universidade de Santiago de Compostela, polo que a Xunta cede á súa vez o Salón Teatro de Santiago para a celebración do Festival Internacional de Teatro Universitario e do Festival USCénica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.