Actividade da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

 

Luns, 09 de marzo

10.00 – Inauguración da VII Xornada TELGalicia 
Salón de actos do CiTIUS (Santiago)

12.00 – Celebración da festividade do patrón de Ciencias da Educación 
Salón Nobre do Colexio de Fonseca (Santiago)

12.00 – Presentación do libro Arousa medieval e románica 
Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia (Santiago)

Mércores, 04 de marzo

9.30 – Inauguración do seminario internacional ‘Women’s tales in motion: contemporary writing in the British Isles’ 

Salón de graos da Facultade de Filoloxía (Santiago)

11.15 – Xornada ‘Mulleres na política. Construíndo a democracia. O papel das mulleres na lexislatura constituínte de 1977’. Proxección do documental ‘Las Constituyentes’, de Oliva Acosta, e debate con Nona Inés Vilariño Salgado. 

Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (Santiago)

11.45 – Acto de lectura e defensa da tese de doutoramento de Luis Manuel Villamor Canelas titulada ‘Teima: revista e plataforma. Periodismo galego na Transición política española’ e dirixida por Xosé López García. 

Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago)

13.00 – Xornada inaugural do 2015 Ano internacional dos Solos. 

Aula Magna da Facultade de Bioloxía (Santiago)

Martes, 03 de marzo 

12.00 – Acto no Paraninfo da Universidade para lembrar o discurso de despedida de Otero Pedrayo como catedrático da USC.- A Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Otero Pedrayo celebran  ‘A derradeira lección de Otero Pedrayo’, na memoria do seu discurso de despedida como catedrático da USC, en marzo de 1958. Esta homenaxe lembra o discurso solemne que o mestre converteu na primeira lección que se deu en galego na universidade despois da Guerra Civil.

Coas intervencións de:

  • Juan Viaño Rey, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela;
  • Xesús Alonso Montero, Presidente da RAG e asistente á derradeira lección de Otero Pedrayo;
  • Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega e coautor do ensaio «O autor de Solovio»;
  • Víctor F. Freixanes, Presidente da Funcación Otero Pedrayo;
  • Patricia Chachero e Afonso Vázquez Monxardín, coautores de Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976)

E o propio Otero Pedrayo nunha gravación sonora. Tamén estará presente Juan Monterroso Montero, Decano da Facultade de Xeografía e Historia.  [wzslider]

12.00 – Presentación do número 12 da revista Quintana 

Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia (Santiago)

17.30 – Relatorio ‘A forza das vendas: ¡¡Forza do negocio!!’, a cargo de Miguel Bello Vázquez 

Aula Magna da Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Lugo)

20.00 – Concerto de Quinteto Ricercata. Ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2015 

Auditorio da Casa do Saber (Lugo)

Luns, 02 de marzo

9.30 (10.00 en segunda convocatoria) – Reunión do Consello de Goberno da USC 
Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (Santiago)

11.00 – Acto de lectura e defensa da tese de doutoramento de María del Pilar Morandeira Roel titulada ‘Perfil dos alumnos que abandonan o ensino básico, cursado en réxime ordinario, sen o título de Graduado en ESO’ e dirixida por Antonio Vara Coomonte 

Aula Frai Martín Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación (Santiago)

14.00 – Toma de posesión do decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Jesús Gestal Otero 

Salón Reitoral do Colexio de San Xerome (santiago)

17.00 – Acto de lectura e defensa da tese de doutoramento de Eugenio Casimiro López Mairena titulada ‘A avaliación das competencias como indicador da calidade universitaria en URACCAN (Universidad de la Regiones autónomas de la Costa Caribe Nicaragüense)’ e dirixida por José Felipe Trillo Alonso 

Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias da Educación (Santiago)

19.30 – Relatorio ‘A prevención da lesión medudar’, a cargo de María Fernández Ferreiro, traballadora social de Gogami

Salón de Actos da residencia universitaria Jesús Bal y Gay (Lugo)

 20.00 – Mesa redonda ‘Galegos no penal do Forte de San Cristóbal’ coa participación de Eliseo Fernández, Andrés Domínguez, Xosé Novas, Antonio Míguez, Xosé Ramón Pousa e Lourenzo Fernández Prieto 

Ateneo de Santiago (Rúa do Vilar, 19. Santiago)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.