O interese do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.
No Teatro Principal a gala aRi[t]mar acontecía nun ambiente de entusiasmo para a entrega de premios da música e da poesía galega e portuguesa.
Gonzalo Constenla Bergueiro, director da Escola Oficial de Idiomas, fixo os agradecementos.
Nunha noite de outono que en Galicia noutros tempos podería confundirse por primaveral, segundo a temperatura que nos acompañaba este martes 31 de outubro, celebrábase o Samaín, aínda que desta volta algúns se empeñen en modernizala para a comercialización chamándoa Halloween. Pois ben, entre vampiros, monstruos, vedettes, mosqueteros e rapaces ao estilo exorcista que paseaban animando as rúas de Compostela, tamén tiña lugar no Teatro Principal a gala aRi[t]mar que acontecía nun espazo de entusiasmo para a entrega de premios da música e da poesía galega e portuguesa. Unha celebración que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co afán divulgativo no eido didáctico e cultural entre veciños (Galicia e Portugal) que danse a man na proximidade e no interese do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.
Unha celebración que contou con Isabel Risco e Quico Cadaval como mestres de ceremonia nun Teatro Principal ateigado de xentes concienciadas da proximidade e mistura de ambas culturas. A gala culminou coas actuacións dos artistas galardoados e as pezas protagonistas do evento, ademais de material audiovisual que nos amosaba a poesía.
Acaso, por riba das fronteiras as xentes festexan os lazos suscitando un bulir de emocións conxuntas nun auditorio, o de onte, que disfrutou moito da celebración deste acontemento.
Deste xeito no evento fíxose entrega dos premios aos gañadores desta edición 2017
Na categoría de mellor tema musical galego A paz esquiva, de María Xosé Silvar, Sés.
Entregou o Premio, Juan Manuel Viaño, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Nada na Coruña, María Xosé Silvar, máis coñecida como SES, dispón dunha longa traxectoria no mundo da canción. Unha artista que se conduce poderosa e con determinación fronte ao mundo. Extrovertida, ou como ela di, faladeira; engade o seu sentir á canción con estilo reivindicativo nunha voz melódica e poderosa.
Na categoría de mellor tema musical portugués. Faz bem falar de amor. Quinta do Bill
Manuel Correia da Silva, vice-cónsul de Portugal para Galicia, fixo entrega do premio aRi[t]mar ao mellor tema musical portugués.
O grupo estivo de aniversario e foi cumprido celebrado polo público asistente. Despertaron entusiasmo cun auditorio entregado aos seus sons
Na categoría de mellor poema galego. Terradentro de Paco Souto.
Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, entregou o premio aRi[t]mar ao mellor poema en galego, Terradentro, da autoría de Paco Souto. Recolleu o premio Emma Abella, viúva de Paco Souto.
Na categoría de mellor poema portugués. Bruges esquecer um amor de Pedro Craveiro. Premer aquí para lelo.
Manuel Dios, concelleiro de Educación de Santiago, entregou o premio ARi[t]mar ao mellor poema portugués Fui a Bruges esquecer um amor, de Pedro Craveiro. Recolleu o premio Carla Sofía Amado, do Instituto Camōes.
Premio embaixada da amizade galego-lusófona para Fran Pérez Narf
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, fixo entrega do premio embaixada da amizade galego-lusófona a Fran Pérez, Narf. Recolleu o premio a súa irmán, María Pérez.
Premio embaixada da amizade galego-lusófona para Fran Pérez Narf Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, fixo entrega do premio embaixada da amizade galego-lusófona a Fran Pérez, Narf. Recolleu o premio a súa irmán, María Pérez.
Utilizamos cookies para optimizar nuestro sitio web y nuestro servicio.
Funcional
Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.