A Gala dos María Casares puxo o nome dos gañadores ás emblemáticas Xerras do 2017

O tolleito de Inishmann’, de Contraproducións e FIOT Carballo, faise con 5 galardóns e ‘Eroski paraíso’, de Chévere, faise con 4.

Eroski Paraíso’, de Chévere, faise cos premios á mellor dirección e mellor espectáculo

Danza da Choiva, de Elefante Elegante faise co premio ao mellor espectáculo infantil

Na súa XXI edición, a cidade de A Coruña acolleu a pasada noite a gala dos Premios María Casares que organiza a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). O Teatro Rosalía de Castro voltou ser o escenario onde se proclamou a ledicia dos novos gañadores das prezadas xerras, emblema do significativo acto nas artes escénicas. Estes premios destacan catorce categorías e veñen a recoñecer o traballo desenvolvido no eido teatral durante o ano 2016.

FOTO: Tragaluz fotografía. Premiados María Casares 2017
FOTO: Tragaluz fotografía. Premiados María Casares 2017
  • O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e Fiot Carballo (5): mellor iluminación (Afonso Castro), mellor adaptación/tradución (Cándido Pazó, Santi Romay, Alberto Rodríguez), mellor actriz secundaria (María Roja), mellor actor secundario (Evaristo Calvo), mellor actor protagonista (Santi Romay)
  • Eroski Paraíso, de Chévere (4): mellor música orixinal (Terbutalina), mellor actriz protagonista (Patricia de Lorenzo), mellor dirección (Xron) e mellor espectáculo.
  • Voaxa e Carmín, de ButacaZero e Eme2 (2): mellor maquillaxe (Trini F. Silva) e mellor vestiario (Mari Seoane)
  • Danza da choiva, de Elefante Elegante (1): mellor espectáculo infantil
  • Foucellas, de Talía Teatro (1): mellor escenografía (Dani Trillo)
  • Raclette, de Ibuprofeno Teatro (1): mellor texto orixinal (Santiago Cortegoso)
FOTO. Tragaluz fotografía
FOTO. Tragaluz fotografía

Pepe Suevos, presentou unha gala sinxela onde reinou o ritmo, humor e o desenfado. El tamén foi o artífice da idea do espectáculo desta edición. A proposta pivotaba na necesidade de acadar entendementos entre os profesionais da escena e a administración pública; unha comunicación por ambas partes que faga posible chegar a acordos.

O elenco do espectáculo estivo conformado por Roberto Leal, Alberto Rolán, Marta Lado, Patricia Torres, Silvana Sestelo e Josito Porto. Acompañou o evento o son cubano interpretado polos músicos: Amaury Quintero, Marcos Jaramillo, o pianista Josep Ruiz; o baixista Juan Perez e o trompetista Daniel Polo.

Imma António fixo unha achega existencialista, humanista dende unha intepretación razonada e con sentimento no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.

Eduardo Alonso recibiu o Premio de Honra Marisa Soto, recoñecemento a 40 anos de traballo no mundo do teatro aplicado en diferentes especialidades. Dende o escenario agradeceu o Premio otorgado e lembrou aos seus compañeiros máis novos, e non tan novos, que hai uns logros no sector teatral que houbo que loitar por eles, e que cumpre non perdelos para seguir a trazar un camiño cara o futuro. Pideu, neste senso, que non se esqueza o traballo feito polos maiores na profesión.

Ernesto Chao, presidente da entidade organizadora, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ofreceu un discurso no que eloxiou a produción na escena galega no pasado 2016, asemade que no que levamos deste 2017. Por outra banda, invitou a tódolos compañeiros (actores e actrices) a facer uso dos Convenios colectivos que regulan a profesión: “En Galicia temos a sorte de contar con dous convenios colectivos” explicou Chao antes de lembrar que: “o deber dun actor é respectarse, valorarse a si mesmo” e que, polo tanto, “cada vez que un intérprete rompe estes convenios, estase infravalorando. O terceiro punto, manifestou a necesidade de chegar a unha igualdade e invitou: “aos guionistas, aos directores e directoras, aos dramaturgos e dramaturgas para que pensen nas mulleres á hora de facer o seu traballo”. “Onde están as nosas Medeas? Onde están as nosas Antígonas? Onde están as nosas Fedras, as Lisistratas, as Electras, as Hecúbeas e tantas ouras? E que non temos hoxe en día heroínas? Coido que si”, concluíu Chao.

FOTO MELLOR ESPECTACULo
FOTO. Tragaluz Fotografía. Xesús Ron do Grupo Chévere recollendo o premio ao mellor espectáculo

Xesús Ron da Compañía Chévere pideulle á administración e aos compañeiros do mundo escénico que cheguen a acordos para mellorar a realidade do teatro galego. Ron considerou que unha mostra de boa vontade por parte da administración pública podería ser a retransmisión desta gala dos María Casares en directo, e non en diferido a altas horas da mañá.

Así foi como a festa do teatro galego chegou a seu fin na edición XXI,  onde Suso Montero preparou a escenografía e Marta Horjales fiou que todo estivera a punto coa produción executiva e a coordinación xeral. Para despois ir cara unha xuntaza con pinchos onde os asistentes conversaron e desfrutaron da noite dos Premios María Casares que se despedía nunhas salas ateigadas de xentes con caras coñecidas e outras non tanto (detras dos focos). Son os que imaxinan e artellan para poder encarnar personaxes con experiencias e vidas ben distintas, e todas destinadas a ser compartidas  nos escenarios, invitando a mirar, a deixar voar a imaxinación da mán desa actuación. Descóbrennos e danlle vida a outras realidades. Desta volta foi nos María Casares.

Ao acto acudiron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, o concelleiro de Cultura da Coruña, José Manuel Sande, o la vicepresidenta da Deputación, Goreti Sanmartín.

Fotos da gala premendo aquí

PremiadosPremios 1bPremios 2

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.