Ourense preparado para desfrutar do FITO

Festival FITO volve a Ourense do 7 ao 19 de outubro

Doce espectáculos e o encontro ‘mulleres creando’ centran a programación do Festival FITO

O Teatro Principal o Auditorio Municipal e o campus universitario serán escenario desta IX edición

A Mostra volve contar co apoio da Xunta a través da convocatoria de subvencións da Agadic á mostras profesionais de artes escénicaspantallazo-1

A organización do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) presentou o programa da súa novena edición, que terá lugar do 7 ao 19 de outubro coa participación de 12 compañías de España, Chile, Dinamarca e México. Ademais, por segundo ano consecutivo, a mostra ourensá será o escenario do encontro ‘Mulleres creando’ para abordar e impulsar a igualdade no ámbito escénico.

O festival, promovido polo Concello ourensán e organizado por Sarabela Teatro –recente Premio da Cultura Galega na categoría de artes escénicas–, volve contar este ano co apoio da Consellería de Cultura e Educación como un dos 22 festivais profesionais de artes escénicas e de música subvencionados a través da convocatoria específica de axudas públicas da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

A programación se desenvolverá en tres espazos da cidade: Auditorio Municipal, campus universitario e Teatro Principal.

Singularidade e relevancia artística

Jacobo Sutil subliñou que a axuda pública recibida polo Festival Internacional de Teatro de Ourense para levar a cabo a súa novena edición “supón recoñecerlle a súa singularidade e a súa relevancia artística” no conxunto de mostras escénicas que cada ano poboan o mapa cultural galego. “Un dos obxectivo da Consellería de Cultura e

Educación é optimizar os recursos públicos destinados aos festivais galegos, eventos que consideramos de carácter estratéxico para a dinamización do sector cultural”, explicou.

O responsable da Agadic fixo fincapé nas catro producións galegas que poderán verse canda compañías chegadas doutros puntos de España e de Dinamarca, Chile e México. Así, a representación galega correrá por conta de Chévere, con ‘As fillas bravas’; Panadaría, con ‘Pan! Pan!’; Matarile Teatro, con ‘Antes de la metralla’; e Berberecheira con ‘Goldi libre!’.

Tamén forman parte desta carteleira ‘Así que pasen cinco años’, obra de García Lorca coproducida por Atalaya e o Centro Dramático Nacional; ‘Muñeca de porcelana’, de Bravo Teatro e con José Sacristán no elenco; o ‘Circo mediterráneo’ da compañía Rolabola; o teatro de obxectos da Companyia Pelmànec; e o último traballo de investigación de Los Hedonistas. Ademais, os daneses Granhøj Dans regresarán ao FITO cunha nova proposta que explora a poética da danza; a compañía chilena La Llave Maestra presentará unha coprodución co Teatro Gayarre de Pamplona, que prescinde das palabras para falar das viaxes por pracer ou por obriga; e a mexicana Lagartijas Tiradas al Sol ofrecerá un relato sobre as comunidades menos coñecidas da súa sociedade.

Dentro das actividades paralelas, este ano celebrarase o segundo encontro ‘Mulleres creando’, que dá voz a profesionais galegas e de fóra de Galicia para intercambiar experiencias no ámbito das artes escénicas e da cultura en xeral. O programa desta segunda edición articúlase arredor de dúas mesas redondas sobre o xénero nas artes escénicas e sobre a situación da danza en Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.