Os médicos de atención primaria únense contra a precariedade

Actualización, 8 de xaneiro de 2019.  Un día antes da manifestación pola calidade dos servicios asistenciales da sanidade que terá lugar en Santiago de Compostela, convocada polo Comité de Folga do Servicio de Urxencias do Hospital Clínico, os médicos de familia: Jesus Sueiro, Jose Maria Dios e Manuel Martín fan chegar este comunicado en representación dos seus compañeiros, os médicos de atención primaria. 

O vindeiro xoves día 10 de xaneiro ás 18 horas no Colexio de Médicos de Compostela, convocamos unha xuntanza de profesionais de Atención Primaria da Área de Compostela, para analizar a crise da mesma, asociada aos recortes de recursos, supresión das xerencias de AP (absorbidas polas hospitalarias), a precarización das condicións laborais, e o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria.

Esta situación, conduciu a unha rebelión dos profesionais dos Centros de Saúde, como no caso de Vigo coa dimisión do 80% dos xefes de servizo que contan co apoio da poboación (como mostra a enorme manifestación de máis de 50.000 persoas en apoio da Atención Primaria) ou dos compañeiros/as dos PAC (en pe de guerra) que levan meses con folgas e peches na demanda de máis recursos.

A Consellería, que negaba a existencia de problemas na AP, pretende agora constituír unha Comisión coa finalidade de cambiar o modelo. Descoñecemos os criterios utilizados para seleccionar a dedo a un grupo que pretende representar a toda a AP Galega. Esta Comisión non ten nada que ver coa creada polo Plan de Mellora do 2007 na que estaban representados todas as organizacións da AP Galega, que foron as que decidiron a súa composición e os temas a debater.

O cambio de actitude da Consellaría, trala mobilización da AP, mostra que estamos ante unha gran oportunidade para intentar cambiar (entre todos) a situación de deterioro da mesma, que non deberiamos desaproveitar.

Saúdos

 

Na busca de chegar a acordos para restablecer servizos de calidade

O Colectivo de Médicos de Atención Primaria prenderá un lazo negro na solapa das súas batas a modo do sentir dos profesionais sanitarios

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2019. O día 20 de decembro tivo lugar en Santiago de Compostela unha xuntanza de 50 médicos de atención primaria. O motivo vén a poñer sobre a mesa a  difícil situación da Sanidade no apartado da atención primaria; e o deterioro nas condicións de traballo no mesmo.  Os médicos se unen na iniciativa de buscar solucións no sistema de Saúde Pública, desta volta, en referencia coa atención primaria. Os profesionais manifestan a situación de precariedade na que se atopan e por iso deciden defender a saúde pública que sempre presumeu de calidade e que nestes intres necesita implicación de todas e todos: segundo o indican os médicos en nota de prensa.

Este achegamento dos médicos o pasado 20 de decembro pon en marcha unha folla de ruta para loitar pola recuperación da calidade na atención primaria de saúde.

Medidas e conclusións:

  • Conformación dun grupo de traballo formado por 7 persoas que serán os representantes das actuacións que teñan lugar
  • Presentarán un manifesto da situación que hoxe vive a atención primaria
  • Facer un chamamento á administración galega para abrir un proceso de negociacións entre organizacións políticas, sociais, sindicais, etc., para elaborar un novo plan de mellora da atención primaria
  • Tamén  acordaron apoiar as reivindicacións que se están a levar a cabo por diferentess colectivos (servizo de urxencias do CHUS, PAC,s en pé de guerra, Xefes de Servizo dimitidos en Vigo, etc.,). Ao tempo que apoián as mobilizacións previstas:
  1. A manifestación de Vigo o día 27 de decembro, na rúa Pizarro, frente ao PAC de Vigo
  2. Manifestación en Santiago o 9 de xaneiro ás 19:00 h. dende a Praza Roxa
  3.  Manifestación en Santiago o 10 de febreiro ás 12:00 h. dende a Alameda.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.