A proposta do Bloque Nacionalista Galego de nomear a Estación Intermodal de Santiago co nome Daniel Alfonso Castelao
Ademais da principal funcionalidade de tránsito de pasaxeiros, o BNG invita a dotala de referencia cultural.
Un escaparate da nosa identidade a través da obra de Castelao
O BNG rexistrou unha moción para debater sobre o nome da estación intermodal no vindeiro pleno de xaneiro no Concello de Santiago.
Goretti Sanmartín como portavoz expón que esta estación intermodal de Santiago debería levar o nome de Daniel Castelao como homenaxe recoñecido ao longo do tempo. A proposta establece a importancia de que haxa un contido cultural representativo do país, tanto para os galegos coma para os visitantes que chegan a Santiago. Un homenaxe a un intelectual, político e talentoso artista que na súa etapa de deputado manifestou o compromiso na defensa de crear e fomentar as liñas ferroviarias en Galicia.
Esta moción considera que a nova intermodal pode ofrecer un homenaxe a Daniel Castelao ao levar o seu nome. Asemade dun espazo cultural a través da obra que representa a nosa identidade como país cara os viaxeiros que transitan nas idas e chegadas nas novas instalacións.