Actualidad, Actualidad Social, Cultura, Literatura, Música, Portada — 1 noviembre, 2017 a las 20:28

Galegos e portugueses atópanse en aRi[t]mar, entre versos e sons

Por

O interese do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

No Teatro Principal a gala aRi[t]mar acontecía nun ambiente de entusiasmo para a entrega de premios da música e da poesía galega e portuguesa.

Gonzalo Constenla Bergueiro, director da Escola Oficial de Idiomas, fixo os agradecementos.

Nunha noite de outono que en Galicia noutros tempos podería confundirse por primaveral, segundo a temperatura que nos acompañaba este martes 31 de outubro, celebrábase o Samaín, aínda que desta volta algúns se empeñen en modernizala para a comercialización chamándoa Halloween. Pois ben, entre vampiros, monstruos, vedettes, mosqueteros e rapaces ao estilo exorcista que paseaban animando as rúas de Compostela,  tamén tiña lugar no Teatro Principal a gala aRi[t]mar que acontecía nun espazo de entusiasmo para a entrega de premios da música e da poesía galega e portuguesa. Unha celebración que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co afán divulgativo no eido didáctico e cultural entre veciños (Galicia e Portugal) que danse a man na proximidade e no interese do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. 

Unha celebración que contou con Isabel Risco e Quico Cadaval como mestres de ceremonia nun Teatro Principal ateigado de xentes concienciadas da proximidade e mistura de ambas culturas. A gala culminou coas  actuacións dos artistas galardoados e as pezas protagonistas do evento, ademais de material audiovisual que nos amosaba a poesía. 

Acaso, por riba das fronteiras as xentes festexan os lazos suscitando un bulir de emocións conxuntas nun auditorio, o de onte, que disfrutou moito da celebración deste acontemento.

Deste xeito no evento fíxose entrega dos premios aos gañadores desta edición 2017

  • Na categoría de mellor tema musical galego  A paz esquiva, de María Xosé Silvar, Sés.

    Entregou o Premio,  Juan Manuel Viaño, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.

Nada na Coruña, María Xosé Silvar, máis coñecida como SES,  dispón dunha longa traxectoria no mundo da canción. Unha artista que se conduce poderosa e con determinación fronte ao mundo. Extrovertida, ou como ela di, faladeira; engade o seu sentir á canción con estilo reivindicativo nunha voz  melódica e poderosa. 

  • Na categoría de mellor tema musical portugués. Faz bem falar de amor. Quinta do Bill

Manuel Correia da Silva, vice-cónsul de Portugal para Galicia, fixo entrega do premio aRi[t]mar ao mellor tema musical portugués.

O grupo estivo de aniversario e foi cumprido celebrado polo público asistente. Despertaron entusiasmo cun auditorio entregado aos seus sons

  • Na categoría de mellor poema galego. Terradentro de Paco Souto.  Premer aquí para lelo.

    Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña, entregou o premio aRi[t]mar ao mellor poema en galego, Terradentro, da autoría de Paco Souto.  Recolleu o premio Emma Abella, viúva de Paco Souto.

  • Na categoría de mellor poema  portugués. Bruges esquecer um amor de Pedro Craveiro.  Premer aquí para lelo.

Manuel Dios, concelleiro de Educación de Santiago, entregou o premio ARi[t]mar ao mellor poema portugués Fui a Bruges esquecer um amor, de Pedro Craveiro. Recolleu o premio Carla Sofía Amado, do Instituto Camōes.

  • Premio embaixada da amizade galego-lusófona para Fran Pérez Narf

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, fixo entrega do premio embaixada da amizade galego-lusófona a Fran Pérez, Narf. Recolleu o premio a súa irmán, María Pérez.

Máis fotos premendo aquí

Vídeos: Quinta do Bill – Sés –Presentación, mención dos poemas portugueses seleccionados para dicir o gañador

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*