Concertos en directo con sabor a verán no Terraceando

Aínda que a temperatura non é alta e o sol non resplandece, o calendario certifica as datas nas que nos atopamos. Os programas culturais ábrense rememorando actividades e dando pulo a outras novas na intención de desfrutar ao aire libre.

Mercedes Rosón e Álvaro Álvarez

Hoxe, en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, presentaban ‘TerraZeando. Ciclo de concertos ao fresco’. Un ciclo de concertos que xa vai pola VIII edición e coa que o Concello de Santiago colabora dende a V edición.

Mercedes Rosón, facía os honores a uns eventos que como ela mesma dicía están xa consolidados e amosou o seu sentir dicindo que é un ciclo que busca espacios singulares para ofrecer concertos en directo amplificando a emoción que xa de por si ten a música.

Alvaro Álvarez, de Desconcerto Cultural, dou conta dos concertos que terán lugar na cidade, indicando, que este ano ampliaron a oferta; referenciou os grupos e os lugares onde terán lugar, señalando que o Parque de Galeras está por determinar a ubicación. Todos os concertos empezan ás 20:00horas, excepto o de Costa Vella que será ás 21:00 horas. Ademais, todos os concertos  son gratuítos ata completar aforo.

Datas e grupos:

  • O vindeiro xoves 27 na Praciña do Olvido estará The Pretty Shirts, María Guadaña
  • O mércores 3 de xullo no NH Collectión teremos a Gener, Os Amigos dos Músicos
  • Mércores 10 de xullo, na Fundación SGAE disfrutaremos con Martin Frawley e Monnone Alone
  • Mércores 17 de xullo, a cita é no Hotel Costa Vella con Ghost Beast
  • Para rematar, o martes 30 de xullo, no Parque de Galeras ( pendiente de dar ubicación) estaremos con Lachlan Denton e Cool Sounds

Cinco noites, cinco bandas, nunhas propostas singulares fóra dos canles habituais, señalou na súa exposición Álvaro de Desconcerto Cultural. Con todo, tamén quixo compartir o diseño dos carteis que son obra de Jorge Vicenti e que representan flores galegas que se atopan en extinción. Cada noite terá como motivo unha flor como homenaxe na perda de todos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.