XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa a José Precedo

A Casa Consistorial de Pontevedra vai acoller este sábado a partir das 12:00 horas a entrega do XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. O galardón recaeu nesta ocasión en José Precedo, xornalista galego que se ten consolidado como un dos nomes máis relevantes do xornalismo político e de investigación en España, cunha elevada esixencia en termos de verificación, contextualización e independencia. No pasado novembro, no proceso ao daquela Fiscal Xeral do Estado Álvaro García Ortiz, Precedo defendeu con claridade e firmeza principios esenciais do oficio, como o dereito á confidencialidade das fontes, a lexitimidade do traballo informativo e a necesidade de preservar a independencia do xornalismo.

A cerimonia estará presentada polos xornalistas Pablo Lago Pita e Laura Fresneda Muíña e vai dar comezo cos discursos de benvida da decana do Colexio de Xornalistas, Belén Regueira Leal, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. A continuación, Belén López Rodríguez dará lectura ao texto «Conciencia e resistencia«, o manifesto do CPXG polo Día Internacional da Liberdade de Prensa, da súa autoría, que reivindica que «a profesionalidade e a especialización son as grandes esperanzas da profesión». 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.