A protesta diante do edificio administrativo da Xunta en Santiago de Compostela vén a completar unha serie de accións para reclamar unha asistencia sanitaria digna en xeral e en particular duns pediatras.
Esta localidade sen atención especializada para as nenas e nenos dende hai tempo, cada vez que hai unha urxencia teñen que sair axiña cara a Pontevedra, que dista a 40 km da península de O Grove. Antes acudían a Portonovo-Sanxenxo, pero chegou un intre que lles dixeron que non lles correspondía este Centro de Saúde de Baltar. Os veciños de O Grove, indican que para o traslado á capital da provincia necesitan un coche, e que non todo o mundo pode dispoñer dun vehículo. Engaden: » Cando chegamos ao Hospital a Pontevedra, temos que esperar longas colas cas nenas e nenos enfermos fóra, na rúa». Sinalan que «Hai bebés que xa teñen meses e aínda non teñen revisión feita». Síntense desprotexidos e impotentes ante a política de sanidade da Xunta nesa falta de atención para o coidado da saúde da xente, e principalmente da infancia da vila.

También te puede interesar
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
1º Maio 2024 en Santiago de Compostela
-
O Colexio de Xornalistas solidarízase co persoal do Diario de Pontevedra
-
Encuentro anual de juventud implantada coclear de Federación AICE
-
A Manifestación do 25N en Santiago de Compostela deixou clara a negativa da publicidade da Xunta para o 25N