Unhas festas que se alongan no tempo e van medrando para consolidarse nese apego á terra como marca do seu orixe. A cultura do cabalo neste concello teense é moi popular e hoxe era o tempo para mercar cabalos e burros que tiñan uns prezos entre os 3000 euros os cabalos, e 500 euros os burriños, que producián, a verdade, moita tenrura.
Ríos de xente paseaban pola Carballeria de Francos, un éxito entre os veciños de Teo e doutras localidades que se achegaron para desfrutar da xornada; para aqueles que aínda non visitaron a feira teñen tempo para ir ata o domindo día 13.
Cousas que ver, que compartir, pero o triunfo principalmente é o xantar nas aproximadamente vintecinco carpas que se dispoñen no espazo da Carballeira, e que parecen cubrir os requisitos do visitante para degustar costilla, callos ou mesmamente polbo que é o manxar preferido.


About The Author
También te puede interesar
-
Concentración de solidaridade coas familias das vitimas de violencia de xenero
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela