
Ás 8.00 h da mañá de onte, martes 30 de agosto, o parque de Bombeiros recibeu aviso por mor dun incendio nun autobús da empresa Rías Baixas, que presta servizo para o Concello de Santiago, na parroquia de Aríns, lugar da Cacharela. Dito autobús atopabase baleiro nese momento.
Ás 8.20 h os bombeiros chegaron ao lugar e cando estaban montando o operativo para proceder a apagar o incendio, de forma sorpresiva, o autobús desprázase e atropela a un bombeiro en prácticas que estaba de observador, sen intervir no dispositivo.
A pesar da rápida intervención dos servizos sanitarios non foi posible a súa reanimación.
O Concello de Santiago lamenta profundamente este tráxico suceso e únese á dor da familia, dos seus compañeiros e amigos.
About The Author
También te puede interesar
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
1º Maio 2024 en Santiago de Compostela
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
Ay señor, señor…Tamames