Un autobùs triste, escuro, sen fiestras

O autobús do desconcerto xa foi retirado das rúas. Pero a organización extremista está empeñada en levar o asunto ante a xustiza para seguir os seus plans de promoción. O seu plan de retroceso.

O autobús «transfóbico» deixou de circular polas rúas de Madrid.

Hazteoir

Non é casualidade que nestes días esteamos a oír falar e mirando vídeos de  bullyning e acoso aos diferentes.

Son circunstancias que veñen a evidenciar  que estamos nunha sociedade cun claro retroceso sendo necesario poñer en marcha políticas de protección à discriminación en xeral e moi en particular nos colectivos máis sensibles, no caso dos transexuales hai datos do elevado número de suicidios de menores.

Neste panorama social onde temos un sistema educativo pouco favorecedor que se atopa en tela de xuizo, dende hai tempo, urxe a necesidade prioritaria de sentar uns criterios claros a medio-longo prazo que  rixan a formación académica máis axeitada deste país. Pero, velaí seguimos agardando consensos políticos que non chegan…Onde está a voz dos expertos para elaborar un plan director en colaboración con tódalas partes implicadas para facer un verdadeiro modelo educativo sen excusas. Acaso esquecen que constitúe un dos pilares fundamentales que debe sustentar calquer sociedade.

Mágoa vivir como espectadores do deterioro dos logros conseguidos na década dos 80. A educación é un ben social que ha de ser protexido e non pode esperar nin ser un mercadeo de actores sociais que non teñen nada que ver con este eido. Non podemos ser quen de observar como se agravan os problemas na educación porque corre parella á convivencia. E aínda así, non atopamos axenda para arranxar a situación.

Hazteoir é a organización que financiou o autobús, está composta por poucos pero con cartos  para promocionar e incitar ao odio e a transfobia en defensa da súa ideoloxía. Este era o autobús vermello que se facía eco nas redes sociais fai uns días. Eu vinno por primeira vez antonte, e pensei, non pode ser! Que imos facer?Que é isto?

De momento xa está parado e apartado nun espazo que non escandaliza a sensibilidade. Xa esta aparcado para non pensar en tempos pasados (ou si), xa está parado, de momento, para os que creen que teñen a razón absoluta. E si,  está parado, pero queda o medo no corpo porque ahi moitas más cousas implicitas neste asunto.

Quero pensar un fermoso soño onde o monstruo do medo se transforma entre todos,  pintámolo de cores alegres e vai lucindo polas rúas de aldeas, pobos, vilas e cidades. Tocando o claxon con ledicia, parando en tódalas marquesinas  para que a xente vaia subindo ao autobús da tolerancia, onde o conductor sexa o mellor por mérito e esforzo.

 

» Estaría ben un autobús integrador sen reservados. Onde non se permite o odio ao diferente, claro que para iso teríamos que ter bos exemplos e normas para ser cumplidas de xeito rigurosamente ético.»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.