Segunda mirada á “GALICIA INÉDITA” das asociacións de fotoxornalistas e xornalistas da comunidade

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2026. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a reitora da Universidade de Santiago, Rosa Crujeiras, encabezarán mañá, venres 12 de xuño, ás 19,00h, no salón artesoado do Colexio de Fonseca da capital galega o acto de inauguración da segunda edición da exposición fotográfica “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”

No acto de apertura oficial da mostra, organizada pola Asociación Profesional de Fotoxornalistas de Galicia e a Asociación de Periodistas de Galicia, participarán tamén a presidenta da APG, María Méndez, o delegado en Santiago da APFG, Óscar Corral, e o comisario da mostra, Fernando Blanco.

A exposición bate este ano a súa marca en canto a número de obras, con 92 imaxes doutros tantos fotoxornalistas e outras tantas lendas de xornalistas galegos.

“A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego” estará aberta ao público no salón artesoado do Colexio de Fonseca de Santiago (rúa do Franco, s/n), con acceso libre e gratuíto, ata o próximo 11 de xullo, de luns a sábado, en horario de 11,00h a 14,00h, e de 17,00h a 20,30h.

Exposición Galicia Inédita


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.