Ribadavia, unha mirada en feminino na MIT

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) celébrase do 16 ao 24 de xullo. Este Festival conta cunha longa historia en Galicia, o que a convirte en pioneira neste tipo de iniciativas culturais na Comunidade, non en vano xa vai pola 32 edición.

Festival Ribadavia

Cada ano este evento senta máis as bases para perpetuarse e seguir sendo un dos referentes imprescindibles da escena teatral. Mañá sábado,  arrancará ás oito da tarde cun programa ateigado de actividade, coa programación de calidade característica que a xente espera atopar. Para así, continuar avanzando na súa consolidación  e prestixio dentro da súa disciplina no eido da escenificación, as pezas e os temas son escollidos con sabedoría e dedicación pensando no disfrute dunhas datas de xuntanza dos amantes e apaixonados da representación teatral. De seguro, tamén desta volta deixarán esa dolce lembranza que nos fará voltar sempre a Ribadavia.

Así describía o acontecemento, expoñendo a súa mirada o director artístico, Roberto Pascual: “A MIT de Ribadavia  fortalece a súa dimensión internacional e o equilibrio entre a presentación de grandes mestres da escena actual cos novos valores dos creadores e creadoras a través de coproducións, estreas e residencias artísticas.

A edición de 2016, que se presentou hoxe na Cidade da Cultura, concede un especial protagonismo á mirada en feminino da escena e dende a escena, con grandes personaxes para grandes actrices coma Laura Nevole (Arxentina), Mabel Rivera, Belén Constenla, Patricia de Lorenzo (Galicia) ou Eva Rufo e Carmen Gallardo (España).Roberto Pascual

A memoria, a violencia, a palabra ou a arte, eixos temáticos ou motivos recorrentes sobre os que constrúo como Director Artístico un programa de 20 espectáculos procedentes de Lituania, Francia, Arxentina, Chile, distintos puntos da xeografía española e Galicia. Un programa destinado a elevar e fomentar o gusto polas artes escénicas na súa diversidade e evolución constante.

A presentación en Galicia do traballo escénico de Oskaras Koršunovas, Director do Teatro Municipal de Vilna en Lituania, é un dos grandes atractivos do cartel desta edición de 2016, xunto co programa especial extendido de celebración do 30 aniversario de Matarile Teatro ou a presentación da espectacular mestura de cómic, vídeo e teatro de TeatroCinema de Chile”.

Coñece o programa MIT 2016 >>>Fai click aquí

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.