Venres, 28 de novembro
Presentación do libro Terra de sacrificio de Suso de Toro (Xerais)
Hora: 20:00 h
Lugar: Salón de actos do Centro Sociocultural–Auditorio de Rianxo (1º andar)

Intervirán:
*Suso de Toro (autor)
*Xesús Laíño (vogal de Barbantia)
*María Xesús Blanco (presidenta de Barbantia
(Julián Bustelo (alcalde de Rianxo)
Apertura e peche musical a cargo da chelista Noa Crego Collazo (Escola de Música de Rianxo).
Hora: 21:00 h: The Cuncas – Estrea do espectáculo “BRASS THE CUNCAS?”
Presentación da canción e videoclip “De Rianxo a Castelao”, un himno dedicado ao municipio e tema inédito composto pola banda.
Lugar: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
Público destinatario: todos os públicos
Entrada: de balde ata completar aforo. Retirada de convites na billeteira unha hora antes do comezo (máx. 2 por persoa).
Sábado, 29 de novembro– Hora: 20:30 h
Concerto: De Ninghures
Ao abeiro do programa Outono das Artes da Deputación da Coruña.
Lugar: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
Público destinatario: todos os públicos
Entrada: de balde ata completar aforo. Retirada de convites na billeteira unha hora antes do comezo (máx. 2 por persoa).
*Domingo, 30 de novembro
Homenaxe a Os Rosales
Acto de entrega do título de Fillos Predilectos da vila de Rianxo.
Programa:
11:30 h – Acto institucional e público de nomeamento de Fillos Predilectos de Rianxo a D. Xosé Romero e Dna. Eclíptica Orbita “Maruxa dos Rosales”, coa intervención de autoridades e familiares.
Lugar: Casa Consistorial
13:00 h – Sesión vermú a cargo de Carapaus
Lugar: Carpa ao lado do Auditorio
14:00 h – Xantar popular
Lugar: Carpa ao lado do Auditorio
17:00 h – Acto Homenaxe a Os Rosales, con intervencións de amigos, familiares e dos grupos Amaiante, Río de Anxo e Silvaredonda
Lugar: Auditorio
O acto pecharase interpretando A Camposa. Convídase a participar co instrumento propio (gaita en Do).
Exposición fotográfica: aMar de Lorena do Merlo
A exposición aMar, de Lorena do Merlo, enmárcase como actividade paralela na Mostra de Cinema Documental Mares da fin do mundo.
Lugar: Sala de exposicións do Centro Sociocultural–Auditorio de Rianxo
Duración da exposición ata o 14 de decembro
