Equipo-gañador-Matemáticas-en-Sprint-Estalmat
Un equipo de Estalmat-Galicia gaña unha ‘carreira matemática’ no que participaban grupos de adolescentes de todo o Estado. O grupo composto por Antón Mazaira (Burela), Adrián Núñez (Vilanova de Arousa), María Ramallo (Boiro), Hugo Silvares (Pontevedra) e Pablo Stutt (Ordes) foron este sábado pasado os máis rápidos de toda España resolvendo problemas matemáticos no certame ‘Matemáticas ao esprint’ que organiza o Programa de Estímulo do Talento Matemático (ESTALMAT) que leva a cabo a Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.
Dos 53 equipos que participaron no certame, o composto aleatoriamente por eses cinco estudantes galegos de 12 e 13 anos, que preside en Galicia o reitor Juan Viaño, é o grupo dos máis novos que empezaron hai poucos meses neste programa de estímulo do talento matemático, e que resolveu todos os problemas encadeados no menor tempo.
Na actividade, que se desenvolveu en paralelo en toda España, o equipo gañador competiu con outros grupos de primeiro ano de ESTALMAT de Andalucía, Madrid, Cantabria, Comunidade Valenciana, Cataluña, Castela A Mancha e Canarias. Do segundo curso de ESTALMAT interviron 45 equipos en total e tamén a actuación galega foi notable, quedando os grupos na metade superior da táboa.
Os profesores responsables de ‘Matemáticas ao Esprint’ en ESTALMAT-Galicia son Jesús Calvo, do IES Xoán Montes de Lugo; Victor Pollán, do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz); Enrique de la Torre, da Universidade da Coruña; e Elena Vázquez Cendón, da USC e coordinadora xeral de ESTALMAT-Galicia.
También te puede interesar
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela
-
Goretti Sanmartín será a primeira muller alcaldesa da capital de Galicia. A nova corporación de goberno de Santiago botará a andar o 18 de xuño.
-
Lo que no pensé que sería
-
Ay señor, señor…Tamames