Que foi do 15M?

As veces temo falar dende burbulla. Participei nas manifestacións, durmín na rúa, asistín as asembleas, equivoqueime e equivocámonos, acertei e acertamos. Como tantas miles de persoas, fun parte do 15M e como tantas outras sigo a selo.

Xa pasaron dous anos dende que o 15 de maio de 2012 arrincou dos seus sofás a miles de persoas que saíron á rúa por primeira vez baixo un mesmo lema pedindo algo tan impreciso como un cambio verdadeiro. E co segundo aniversario preguntámonos que foi daquel movemento que mobilizou a milleiros de persoas, que encheu prazas, que protagonizou un dos episodios máis importantes da nosa historia recente? As prazas están baleiras e as acampadas desapareceron. E para os que as prazas eran o 15M e non souberon entender a mensaxe desa enorme e heteroxénea masa indignad

a, do 15M non queda nada.

Pero é así? O movemento tomou os camiños que tiña que tomar e ten outras caras e outros nomes: Stop desahucios, os coñecidos iaioflautas, Toque a Bankia, Eu non pago, ou as mareas multicolor, entre os máis coñecidos. Todos eles, coas súas demandas están a acadar en maior ou menor medida éxitos, pero se cadra o máis importante é que son a proba da crecente participación cidadá, dunha nova democracia que comeza dende a base e consigue marcar a axenda política dun Estado coas súas reivindicacións.

Aprendeuse dos erros, e evolucionouse, non todos cara o mesmo lugar. O 15M foi o punto de partida dun proceso que está a madurar. Aquel decálogo que nun principio se repetía como mantras foi analizado, criticado (e falo da crítica positiva, da que serve para aprender e avanzar) desapareceu e deu lugar a novas propostas e esixencias.

O obxectivo é construír unha sociedade empoderada, dende abaixo, non encher prazas ou poñer unha nova cor no goberno, e o 

traballo é lento e difícil. Nesa sociedade será tan importante una asemblea de barrio, ou unha horta comunitaria coma unha marea branca.

A indignación cobra forma aquí e aló, en Portugal, en Brasil ou en Turquía. As prazas eríxense coma símbolos dun berro desesperado que pide un cambio real pero a indignación está dentro das casas e aí é onde ten que crecer para atoparse cada día nas rúas.

Durante estes dous anos, tamén estiven lonxe da casa, xa que son unha desas afortunadas que gozamos da “mobilidade exterior” e así, neste tempo, tiven a oportunidade de coñecer e convivir con xente de realidades moi diversas. Precisamente acabo de despedirme de

amizades exipcias, kurdas con pasaporte sirio e iraquianas. Non teño tempo nin espazo para as súas realidades agora pero viume á cabeza novamente a burbulla: con elas falaba do mesmo, dese necesario espertar da sociedade, dun proceso moi similar que ten outros nomes e outras caras, pero cheo de similitudes.

Agora na prensa temos a Brasil, Turquía e Exipto. Ese tamén é o 15M.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.