Lugo é a cidade escollida para o encontro anual maís relevante da psicoloxía galega vinculada á saúde. As xornadas, organizada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia darán comenzo o xoves 19 e durarán ata o sábado 21. A cita terá lugar no Pazo de San Marcos e levará por título «Identidade e personalidade: de que estamos a falar?»
Estas xornadas buscan fomentar o intercambio de coñecementos e a experiencia clínica respecto á conceptualización da personalidade e da identidade no actual contexto social, así como o seu manexo desde a psicoterapia.
Nesta reunión profesional de carácter autonómico haberá catro mesas temáticas nas que intervirá unha destacada representación de profesionais de recoñecido prestixio que tratarán diferentes aspectos como os efectos do autoritarismo e da violencia na personalidade e na identidade, os cambios ao longo das distintas etapas da vida, diversos enfoques clínicos ou a interdisciplinariedade con outros ámbitos próximos aos que abrir a intervención.
About The Author
También te puede interesar
-
A manifestación pola Sanidade Pública en Compostela
-
O espíritu universal que viveu na Casa da Tumbona
-
O rexeitamento a ALTRI convoca na Pobra do Caramiñal unha manifestación interxenerecional multitudinaria
-
O IV PREMIO ATENEO CINEDUCA RECOÑECE OS MELLORES TRABALLOS AUDIOVISUAIS ESCOLARES SOBRE EDUCACIÓN E CIDADANÍA
-
8M 2025 en Santiago de Compostela